Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2010

Marilar Aleixandre hoxe no Liceo de Ourense

A escritora Marilar Aleixandre, autora da novela A Cabeza de Medusa, premio Fundación Caixa Galicia 2008 de literatura xuvenil, participará hoxe ás 17:00 horas nun encontro con lectores e lectoras no Liceo de Ourense.

Cabanillas revisado

Os catedráticos Xosé R. Pena e Xosé María Dobarro foron os responsables dun proxecto necesario que felizmente se levou a bo termo como é a compilación e ordenación do inxente material poético que Ramón Cabanillas foi ofrecendo ao longo da súa vida.

Herikberto Quesada participará esta noite no programa de Buenafuente na Sexta

Hoxe luns, no programa de Buenafuente na Sexta, será entrevistado o escritor e debuxante Herikberto M. Quesada, autor do libro O home do traxe branco editado en galego por Xerais. Nos últimos días diversos medios escritos fixéronse eco da aparición deste libro, considerado xa como unha das grandes sorpresas literarias do ano.

X.L. Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega

O equipo de profesionais de Xerais expresa os seus parabéns a X.L. Méndez Ferrín pola súa elección como presidente da Real Academia Galega. Con este motivo, Manuel Bragado, o director da editorial, publicou hoxe nas páxinas de Faro de Vigo un artigo salientando o decisivo desta elección para a cultura galega e para o futuro do noso país.

«Valados» recomendado por Trafegando Ronseis

Agustín Fernández Paz demostra en Valados que non son necesarias grandilocuencias nin rimbombancias para denunciar a realidade do noso mundo; ese que nós, os humanos, nos empeñamos en empozoñar cada día, construíndo valados arredor nosa: coa indiferencia, co odio, co medo, co silencio.

Convocados os Premios Xerais 2010

Xa se poden descargar as bases dos Premios Xerais de Novela 2010 (25.000 euros) e Merlín de Literatura Infantil 2010 (10.000 euros). Para participar en calquera dos dous concursos, cómpre presentar de cada orixinal seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo, antes do día 12 abril de 2010 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A., rúa Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo.

«O fracaso dun éxito», retrato de Ramón Cabanillas

Suso de Toro publica hoxe nas páxinas de «Luces» de El País Galicia, baixo o título «O fracaso dun éxito», un retrato literario da figura de Ramón Cabanillas. Un texto que continúa a liña dos moitos traballos publicados con motivo do cincuentenario do pasamento do poeta da raza e da publicación da súa Poesía galega completa por Xerais no pasado mes de novembro.

Xabier Quiroga: «Eu fago novelas de terror político»

Xan Carballa publica nas páxinas de «Luces» de El País Galicia unha interesantísima entrevista a Xabier Quiroga, con motivo da publicación da cuarta novela do escritor do Saviñao, O Cabo do Mundo.

Premios «Fervenzas Literarias 2009»

Recibimos con entusiasmo e agradecemento a noticia dos Premios «Fervenzas Literarias 2009» outorgados polos lectores e lectoras deste espazo de referencia na promoción da literatura galega. Tras os resultados de 2007 e 2008, velaí as obras publicadas por Xerais que resultaron gañadoras: Monte Louro de Luís Rei Núñez, mellor libro de literatura para adultos. Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, mellor libro xuvenil.

Cid Cabido recrea un crime en conserva

Moi completa e interesante a reportaxe de B.R. Sotelino publicada hoxe na edición de Vigo de  La Voz de Galicia sobre a máis recente novela de Cid Cabido, Unha historia que non vou contar. Recollemos varios parágrafos do texto: Se podría decir que la nueva novela de Cid Cabido es la historia de un crimen en conserva.

Encontro con Fina Casalderrey no Club de Lectura «Tendendo redes»

O vindeiro mércores, 20 de xaneiro, entre as 17:00 e as 19.00 horas, terá lugar nas instalacións do Consello da Cultura Galega un encontro-coloquio coa escritora Fina Casalderrey con motivo da súa novela A pomba e o degolado. O acto, conducido por Miguel Vázquez Freire, está organizado polo Club de lectura «Tendendo redes» de Gálix.

«Á sombra de Capote», crítica de Ramón Nicolás sobre «Unha historia que non vou contar»

CID CABIDO OFRECE UNHA NOVELA QUE PESCUDA NA MEMORIA RECENTE DA SOCIEDADE VIGUESA DOS ANOS SETENTA Tras Blúmsdei (2006),  e logo da recente tradución ao castelán dunha antoloxía de relatos titulada Oralmente por la boca (2009), retorna o escritor limiao Cid Cabido ao xénero novelesco, e faino cunha proposta que afianza o seu lugar entre os narradores máis salientables que comezaron a súa andaina de xeito máis recoñecible nos a