Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2010

«O Cabo do Mundo» de Xabier Quiroga, unha novela con blog

Xabier Quiroga, autor d’ O Cabo do Mundo, acaba de abrir un interesantísimo blog sobre esta a súa cuarta novela. No blog pode atoparse información documental sobre personaxes históricos e espazos nos que se desenvolve a novela.

Faleceu Fernando Pérez-Barreiro Nolla

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo falecemento o pasado día 3 de Fernando Pérez-Barreiro Nolla, tradutor e colaborador de Xerais dende a súa fundación. Nacido en Ferrol en 1931, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, residía en Londres dende 1963, onde traballou nos programas dos servizos exteriores da BBC para España e como xefe de tradución da Organización Internacional do Café.

«”Mil cousas poden pasar”: viaxes polos vieiros da imaxinación»

Baixo o título «Vieiros polos camiños da imaxinación», Héitor Mera publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Reproducimos o texto na súa totalidade: Falabamos nunha recensión anterior de tres variables que se deberían de dar nun libro concibido para lectores infantes.

«”Mercurio”: crime sen castigo», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Baixo o título «Crime sen castigo», Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Mercurio, a primeira novela de Emilio Alonso.

«”Sete palabras”: na procura das orixes», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Baixo o título «Na procura das orixes», Manuel Rodríguez Alonso publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro.

«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia» no «Cartafol»

Baixo o título «Para comprendermos Galicia», Manuel Rodríguez Alonso publicou en «Cartafol de Libros» de Vieiros unha crítica de Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernández.

«Mil cousas poden pasar», presentación de Chus Pereiro

Teño o gusto de me atopar aquí na presentación dun libro que acho fermosísimo  na forma e no fondo. A obra parte do feitizo dos contos tradicionais e ten os trazos dun clásico, tanto así no formato (portada e ilustracións sinxelas e detalladas) como no texto (a disposición en tres partes, os títulos que anteceden os capítulos, o encadramento do relato nun tempo pasado e impreciso,  aparición de personaxes míticos).

Atlas do planeta vaca

Baixo o título «Atlas do planeta vaca», Xosé Manuel Pereiro publica en El País Galicia unha reportaxe sobre No país das vacas, o libro de Xurxo Lobato. A revista Foto tamén se fai eco da aparición deste libro que considera ten todas as vartas para converterse nun bestseller.

«Valados»: «Como un irmao che falo»

Coa cita que serve para titular esta recensión, extraída do coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro, e ben acaída para esta ocasión, ábrese Valados, o último libro de Agustín Fernández  Paz que se engade ás súas últimas propostas publicadas este mesmo ano: Lúa do Senegal e mais A dama da Luz.

Xerais: novidades literarias de xaneiro e febreiro de 2010

Tras os días de descanso de Nadal, o equipo da editorial prepara os primeiros lanzamentos das primeiras novidades literarias de 2010. Neste mes de xaneiro aparecerán, dentro da colección Biblioteca das Letras Galegas, dous poemarios de Ramón Cabanillas: Samos, en edición de Xosé Carlos López Bernárdez e No Desterro, en edición de Xosé Ramón Pena.