Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2010

«Melancolía de sofá», Luisa Castro

En apenas dúas semanas chegarán ás librarías os exemplares de Melancolía de sofá, o primeiro libro de Luisa Castro no catálogo de Xerais. O volume recolle unha antoloxía da obra xornalística en galego que a autora de Baleas e baleas publicou nesta primeira década de 2000. A quen se dirixe un escritor cando escribe? Só se pode dicir algo desde a máis radical intimidade, desde a renuncia absoluta a auditorio ningún.

Suso de Toro, entrevistado por «A Nosa Terra»

O número desta semana do semanario A Nosa Terra publica unha longa entrevista con Suso de Toro a raíz da aparición de Sete palabras. Baixo o título: «Síntome un supervivente dentro dunha xeración fusilada», Xan Carballa aborda con Suso de Toro as claves da súa novela máis recente, a piques de ser publicada a súa tradución ao castelán.

Ameixeiras Neo-polar, por Manuel Rivas

Penso que a mellor novela policial escrita en Galicia é un ensaio titulado xustamente A novela policial: unha historia política, da autoría de Xesús González Gómez (Laiovento, 2002). Alí dise de xeito fulminante, como corresponde: “A novela policial galega naceu mal (…) porque (os autores) non sabían que a novela negra era a literatura moral do noso tempo”.

«No desterro» e «Samos», novos títulos de Ramón Cabanillas na Biblioteca das Letras Galegas

A vindeira semana chegarán ás librarías os primeiros exemplares das edicións dos poemarios de Ramón Cabanillas Samos e No desterro.

Xesús Alonso Montero, entrevista en «Xornal de Galicia»

O profesor Xesús Alonso Montero é entrevistado por Iago Martínez para o Xornal de Galicia. Na conversa anuncia a segunda edición de Cartas de republicanos galegos condenados a morte, Premio Ánxel Casal ao mellor libro de non ficción 2009, que aparecerá nas librarías no vindeiro mes de marzo. Foto: Sonia Daponte, Xornal de Galicia.

A edición inglesa d’ «Os libros arden mal» de Manuel Rivas chegará as librarías o 18 de febreiro

O vindeiro 18 de febreiro chegará ás librarías de todo o mundo a edición en inglés d’ Os libros arden mal de Manuel Rivas. Editada en tapa dura e cunha edición moi coidada por Random House e traducida por Jonathan Dunne, será presentada en Londres por autor e tradutor a finais deste mes. Tal como sinala Jonathan Dunne esta edición supón «un paso de xigante para a obra de Manuel Rivas e para a literatura galega».

«Delimvois», crítica de Armando Requeixo

LITERATURA VISIONARIA. ZAMIATÍN EN RIBADEO Rubén Ruibal é un dos autores teatrais galegos máis sólidos dos últimos anos. Incorporado á escrita pública non hai tanto (a súa primeira peza, Limpeza de sangue, apareceu aínda no 2007), as súas obras figuran xa como referentes do noso teatro recente, no que a súa traxectoria se perfila como unha das máis valiosas e orixinais.

«Unha historia que non vou contar», crítica de Arume dos Piñeiros

Non o lera antes. Sabía apenas da súa existencia polas portadas dos libros e polos comentarios que de cando en vez xurdían na conversa. Pero nunca lera nada de Cid Cabido, antes ca proceder eu a lectura vertixinosa do seu último Unha historia que non vou a contar. Por iso, pido desculpas polo comentario exento desta novela, sen ter en consideración anteriores mostras da súa traxectoria.

Presentación de «Sete palabras» en Rianxo

A edición impresa de La Voz de Galicia do Barbanza publica unha extensa crónica do que foi a presentación en Rianxo da novela de Suso de Toro, Sete palabras. O acto, organizado pola asociación cultural Barbantia reuniu a un cento de persoas e o concello de Rianxo, coincidiu coa celebración do 124 aniversario do nacemento de Castelao.

Pere Tobaruela anuncia a publicación da súa nova novela: «A cripta do Apóstolo»

O escritor catalán afincando en Galicia Pere Tobaruela anuncia nunha entrevista en La Voz de Galicia a aparición da súa nova novela, A cripta do Apóstolo, unha historia do Camiño de Santiago en clave de aventura. A novela será publicada na colección «Fóra de Xogo» e chegará ás librarías no vindeiro mes de marzo.

«Dime algo sucio» no Club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura

Hoxe, martes, 2 de febreiro, na Biblioteca Municipal de Gondomar, Espazo Lectura organiza a sesión mensual do seu Club de lectura Sete Vidas centrado na narrativa. Nesta ocasión, o libro escollido é a última novela do escritor Diego Ameixeiras titulada Dime algo sucio.

«Lingua de calidade« de Xosé Ramón Freixeiro Mato

Entre as primeiras novidades de 2010 está o primeiro título do profesor da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro Mato: Lingua de calidade. Vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro.