Luisa Castro entrevistada por «El Progreso»
Luisa Castro é entrevistada polo xornal El Progreso con motivo da aparición de Melancolía de sofá.
Publicado o 25 Marzo, 2010 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas, Xerais_nos_medios
Luisa Castro é entrevistada polo xornal El Progreso con motivo da aparición de Melancolía de sofá.
Publicado o 25 Marzo, 2010 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
Hoxe ás 20:00 horas presentarase na libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes) o libro de Luisa Castro, Melancolía de sofá. No acto acompañarán á autora o profesor Roberto Blanco Valdés e o editor Manuel Bragado.
Publicado o 25 Marzo, 2010 nas categorías Críticas, Crónica, Xerais nos blogs, Xornalismo
O INFERNO CON FADAS DENTRO Melancolía de sofá de Luisa Castro. A normalización dunha lingua e dunha literatura necesita de xéneros que moitos consideran poucos literarios ou menores, como é o artigo xornalístico literario de colaboración. Nestes artigos, o autor ofrece a súa visión subxectiva e orixinal de tipos, costumes e cuestións da nosa realidade cotiá e abranguen desde asuntos puramente locais aos de ámbito universal.
Publicado o 23 Marzo, 2010 nas categorías Blogs, Guías_de_viaxe, Natureza, Noticias, Xerais nos blogs
Chano Eiroa, autor da Guía dos Camiños do Eume acaba de abrir un interesantísimo blog de actualización e ampliación da guía.
Publicado o 23 Marzo, 2010 nas categorías Blogs, Cómic, Xerais nos blogs
Kiko Da Silva acaba de abrir o blog «Ó outro lado do muro» vencellado coa documentación dun proxecto que publicará Xerais no futuro.
Publicado o 23 Marzo, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Homenaxes
A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu recoñecemento ao profesor Xesús Alonso Montero pola súa investidurá mañá en Madrid como doutro honoris causa pola UNED nun acto promovido pola Facultade de Filoloxía no que se pretenden recoñecer todas as linguas cooficiais do Estado español. Xunto co profesor galego serán investidos o catalán Antoni M.
Publicado o 23 Marzo, 2010 nas categorías Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais nos blogs
[Resistencia de Rosa Aneiros]Pareceume unha historia interesante, sobre todo polo feito de contar a situación política e social de Portugal durante case un século a través da vida de distintos personaxes pertencentes á mesma familia pero de diferentes xeracións, así como a influencia que esta pode chegar a ter na vida das persoas, sobre todo nun sistema fascista como foi o que se deu en Portugal, no que as ditaduras de Salazar e
Publicado o 22 Marzo, 2010 nas categorías Ilustracións, Infantil, Merlín, Xerais nos blogs
Recomendamos moi vivamente visitar o blog de Mil cousas poden pasar, a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. No blog recóllense as numerosas presentacións que do libro se están facendo en diversos centros escolares cunha acollida entusiasta por parte dos lectores e lectoras. Os nosos parabéns para Jacobo que xa prepara a segunda parte desta obra formidable.
Publicado o 21 Marzo, 2010 nas categorías Opinións_lectores/as, Premios, Teatro, Xerais nos blogs
Nada ten que ver este libro cos dous que anteriormente comentamos do mesmo autor, Roberto Salgueiro. Historia da chuvia que cae todos os días é unha traxedia que atende ao drama da vida da emigración, das diferenzas sociais, do maltrato familiar, da violencia. Unha obra merecedora do XVI Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2007.
Publicado o 21 Marzo, 2010 nas categorías Noticias, Poesía
Hoxe no Día da Poesía este chamamento do noso compañeiro Fran Alonso ven como anel. Vía: ENL CEIP Campolongo.
Publicado o 18 Marzo, 2010 nas categorías Fóra de Xogo, Premios, Xuvenil
Ás de bolboreta de Rosa Aneiros foi seleccionado para formar parte da prestixiosa exposición The White Ravens 2010 que a Internationale Jugendbibliothek organiza anualmente no marco da Fiera del Libro per Ragazzi de Bologna. A exposición contén 250 libros infantís e xuvenís en máis de 30 idiomas e procedentes duns 50 países.
Publicado o 18 Marzo, 2010 nas categorías Crónica, Presentacións, Xerais_nos_medios
Faro de Vigo informa da presentación de Feministas galegas realizada onte na Libraría Librouro de Vigo. Na foto de R. Grobas, aparece a autora, Mónica Bar Cendón, rodeada da escritora María Xosé Queizán e a catedrática Camiño Noia, participantes nun acto moi concorrido.