Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2010

Marcos Calveiro presentou «Settecento» en Vigo

O Auditorio David Russell do Conservatorio Profesional de Vigo encheuse para acoller a presentación de Settecento, a segunda novela de Marcos Calveiro en Xerais Narrativa. Tras unha fermosa glosa da obra de Manuel Candelas Colodrón e as palabras do autor, os membros da Orquestra «CMUS Profesional de Vigo», dirixidos por Edita Shulman, intepretaron o concerto «Alla Rustica» de Vivaldi.

«”O grito do Ipiranga”, a intriga no Brasil do XIX»

O xefe superior do Corpo de Policía de Galicia, Luís García Mañá, en O grito do Ipiranga volve ofrecer unha nova entrega do seu “predetective” Nemesio Castro, que desta volta vive diversas aventuras que teñen como pano de fondo o Brasil do emperador Pedro II.

«Unha historia que non vou contar»

Hai días que o rematei, pero queria deixar un pouso-repouso antes de pensar nel para anotar. Queda por ver se o importante é a anécdota, ou a historia de fondo é o que se pode contar dende unha novela. Se empregáramos os criterios dos críticos de videoxogos dos tempos do spectrum diríamos que é ben adictiva. E tamén pode ser desas novelas que fan que, cando pasemos por lugares habituais, pensemos neles doutra forma.

«Non son de aquí» de María do Cebreiro traducido ao inglés

I Am Not from Here, da poeta e profesora María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago, 1976), é o titulo da tradución inglesa de Non son de aquí (2008) preparada por Helena-Miguélez Carballeira, directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Bangor (Gales) para o selo británico Shearsman Books. Xornal de Galicia preparou unha ampla información sobre esta importante noticia. Parabénes a María do Cebreiro.

«A intervención», nova novela de Teresa Moure, primeiro capítulo

Tras a aclamadísima Herba moura, pola que obtivera o Premio Xerais de novela 2005, Benquerida catástrofe e Unha primavera para Aldara, volve aos andeis das librarías Teresa Moure con A intervención, unha novela na que aborda as relacións entre as artes e a natureza, cuestión que xa esculcara no seu ensaio máis recente O natural é político.

Trafegando Ronseis recomendan tres dos nosos álbums

A casa da duna, texto de Fran Alonso; ilustracións Manuel G. Vicente O bo de ter estes días no centro a Feira do Álbum ilustrado é que atopo libros fermosos que se me pasaran no momento da súa publicación. Este que vos traio agora aquí é de Fran Alonso con fotografías de Manuel G. Vicente, e é do ano 2002.

Xerais obtén tres dos Premios Frei Martín Sarmiento

Tres obras infantís e xuvenís de Xerais foron gañadoras do Premio Frei Martín Sarmiento na súa sexta edición fallado esta fin de semana. Organizados polos Equipos de Normalización Lingüística da FERE en Galicia, estes premios son outorgados por máis de cinco milleiros de lectores de Primaria, ESO e Bacharelato.

«O grito do Ipiranga» de García Mañá, ecos da exitosa presentación na Coruña

La Voz de Galicia fíxose eco do éxito rotundo da presentación da nova novela de Luís Manuel García Mañá O grito do Ipiranga.

«Inmunda escoria», presentacións no Barco de Valdeorras e Vigo

Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968 de Ricardo Gurriarán será presentado esta semana no Barcod e Valdeorras e na cidade de Vigo. O acto do Barco de Valdeorras realizarase o xoves, 29 de abril, ás 20:00 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos (Praza do Concello nº 2).

«Níxer», presentación en Compostela

O vindeiro mércores, 28 de abril, ás 20:15  horas nas instalacións do Casino de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar) presentarase o libro Níxer do que son autores Francisco X. Fernández Naval, Camilo Franco e Alfonso Costa. Na presentación acompañarán aos autores o editor Manuel Bragado e Isabel Iglesias Santos responsable de Acción Contra a Fame.

«Folerpas de Novoneyra», crítica de Ramón Nicolás

Folerpas de Novoneyra. Biografía e antoloxía, Fran Alonso Conxugar o interese, nos ámbitos dun libro ensaístico, tanto para lectores novos como para adultos non é algo doado de conseguir. Con todo, Fran Alonso, co obxectivo de publicitar tanto a dimensión literaria como a vital de Novoneyra, testemuña que si é posible.

«Linda á espreita», álbum recomendado por Trafegando ronseis

Fermosísimo álbum ilustrado este editado por Xerais cuxo autor é Alexander Steffensmeier. Escrito en 2006, foi un éxito de vendas en Alemaña. E non é de estrañar: ogallá ocorra o mesmo no noso país. Desde logo, agardamos que Xerais publique as dúas próximas entregas. Unha vaca entrañable, divertida, xoguetona…; un álbum de gran tamaño con debuxos doces e amables, con cores vivas.