Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2010

«Ao pé da Laxa da Moa» de Antón Cortizas presentarase o domingo na Feira do Libro de Ferrol

Mañá domingo, 25 de abril, ás 19:00 horas na Feira do Libro de Ferrol (Cantón de Molins) presentarase o libro de Antón Cortizas Ao pé da Laxa da Moa, un groso volume que recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria oral do concello de Carnota. Unha colectánea, ilustrada por Fino Lorenzo, de numerosos cantares, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns.

Jacobo Fernández Serrano presenta «Mil cousas poden pasar» en Espazo Lectura

Hoxe, sábado, 24 de abril, ás 12:00 horas, na Biblioteca Pública de Gondomar, o escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano participa no club de lectura Lendo Contigo de Espazo Lectura.  Nesta ocasión, ademais de contar coa presenza do autor, o club prepara outras moitas sorpresas: música de tuba, concursos fantásticos e presentacións inesperadas. Unha cita imprescindible arredor da lectura para toda a familia.

«Settecento» de Marcos Calveiro, primeiro capítulo

Tras o éxito que obtivera con Festina lente, Marcos Calveiro volve con Settecento visitar a Compostela doutrora, desta volta da man do mesmísimo Antonio Vivaldi, unha novela que constitúe un intrigante e vertixinoso relato que o confirma como un dos novelistas primeiros do noso tempo.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Xerais preparou un importante programa de actividades para a Feira do Libro, que se celebrará no Paseo Central da Alameda de Santiago de Compostela, entre o 1 e o 9 do vindeiro mes de maio. Día 1 sábado 13:00 horas: Pregón a cargo de Marcos Calveiro. 19:30 horas: Ricardo Gurriarán asinará exemplares do seu último libro Inmunda escoria. 20:00 horas: Presentación da novela Settecento de Marcos Calveiro.

«O grito do Ipiranga» de Luís Manuel García Mañá, presentación na Coruña

Mañá venres, 23 de abril, ás 19:00 horas na sede da Fundación Barrié da Coruña (Cantón Grande nº 9) presentarase a novela de Luís Manuel García Mañá O grito do Ipiranga. No acto acompañarán ao autor, José María Barja Pérez (Reitor da Universidade da Coruña), Xosé Luís Axeitos Agrelo (secretario da Real Academia Galega) e o editor Manuel Bragado.

«A paixón de Alexandra» de Xulio Ricardo Trigo, primeira crítica da edición en galego

Bookcrossing en Barcelona En Xulio Ricardo Trigo temos a un autor catalán de orixe galega. Creador polifacético, desenvolve o seu labor como escritor, tradutor e artista plástico en Cataluña desde 1965. Non se trata dun escritor especificamente xuvenil senón que este tipo de obras conviven dentro da súa produción coa “narrativa de adultos”.

«Os Celtas» de Francisco Calo, presentación en Pontevedra

O xoves, 22 de abril, ás 20:00 horas presentarase na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa Oliva 24) o libro de Francisco Calo Lourido Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia. No acto participarán Manuel Martí Figueiras, Manuel Bragado e o propio autor.

Kirmen Uribe na Coruña

Kirmen Uribe, autor de Bilbao-NewYork-Bilbao, Premio Nacional de Narrativa 2009, estivo onte na Coruña para participar xunto a María Lado nun recital do ciclo «Poetas di(n)versos». Un acto memorable, coducido e organizado por Yolanda Castaño, seguido por dous centenares de persoas con enorme interese e emoción.

Lingua e Literatura. Probas de Selectividade 2010

Nestes días estará na librarías unha nova entrega de Lingua e Literatura. Probas de Selectividade 2010. A obra de Manuel Antón Mosteiro cobra este curso un maior interese debido aos cambios introducidos nas Probas de Acceso á Universidade (PAAU) que se aplicarán nos exames do vindeiro xuño.

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, presentación na Feira do Libro de Ferrol

O mércores 21 de abril, ás 20:30 horas terá lugar na Feira do Libro de Ferrol (Cantón de Molins) a presentación de Xuvia-Neda, o libro de relatos do que é autor Vicente Araguas. No acto intervirán Xermán Castro, Nicolás Vidal, Manuel Bragado, o cantante Roger de Flor e o propio autor.

Carlos Callón recomenda a novela de Antón Lopo «Ganga»

A Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, interésalle [Ganga] a obra de Antón Lopo, tanto a poética como a narrativa. Callón considera que «todo aquel que estea interesado na identidade en xeral e na sexual en particular ten neste autor unha obra que debe coñecer». Para Callón, hai unha novela de Lopo que destaca pola emoción que transmite: Ganga.

«Epopea de ar clásico», Xabier Docampo recomenda «A Táboa da hospitalidade», a segunda entrega da serie «O Brindo de ouro» de Xesús Manuel Marcos

Recomendábel exemplo de literatura épica con Tolkien de fondo O Brindo de ouro II. A Tába da Hospitalidade, Xesús Manuel Marcos «Canta, oh deusa, a cólera do Pelida Aquiles, cólera funesta que causou infinitos males aos aqueos…».