Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2010

Libros de Xerais sobre o Camiño de Santiago

Coa chegada ás librarías da nova Guía do Camiño de Santiago para peregrinos, preparada por Antón Pombo, presidente da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, Xerais completa a súa oferta deste ano xacobeo 2010. Velaí a información sobre libros que abranguen diversos xéneros, dende as guías, estudos etnograficos e historios, pasando por libros fotográficos, a títulos de literatura infantil e xuvenil.

IVº Premio Diario Cultural de Teatro radiofónico, entrega de premios en Ourense

Hoxe, xoves, 15 de abril, a partir das 20:00 horas, no Teatro Principal de Ourense celebrarse a gala de entrega do IVº Premio Diario Cultural de Teatro radiofónico organizado pola Radio Galega.

Programacións de Educación Infantil 2010

Xa están dispoñibles para a súa descarga as novas programacións didácticas para a segunda etapa de Educación Infantil. Os documentos están adaptados tanto ao Decreto 330/2009 de 4 de xuño polo que se establece o currículum da Educación Infantil como á Orde de 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil en Galicia.

«Festina lente» de Marcos Calveiro recomendada por Ghanito

Pasoume con Festina Lente o mesmo que con Bone. As insistentes recomendacións de xente á que lle teño moita lei conseguiron que lle dera tres oportunidades tanto á obra de Jeff Smith coma a de Marcos Calveiro antes de collerlles o xeito. E pagou a pena, nos dous casos.

«Un misterio para Tintimán», nace un xove detective galego da man de Jaureguízar

A finais desta semana chegarán ás librarías os primeiros exemplares das dúas primeiras novelas coas que se dá a coñecer Tintimán, o xove detective galego creado por Jaureguízar: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.

«Folerpas de Novoneyra» de Fran Alonso

Xa chegou ás librarías Folerpas de Novoneyra. Biografía e antoloxía, o libro que preparou Fran Alonso con motivo do Día das Letras Galegas 2010. Folerpas de Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e á obra de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a sociedade galega nas Letras Galegas 2010.

Suso de Toro presenta a edición en castelán de «Sete palabras»

Hoxe aparecen  na prensa senllas entrevistas con motivo da publicación por parte de Alianza Editorial da edición en castelán de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. Público faino co título «Como escritor, debo hacer las preguntas que molestan; mentres a axencia Europapress como «”Siete palabras” para abrir el desvan del pasado».

Conferencia de María Xosé Queizán sobre «Amor de tango»

O vindeiro luns, 12 de abril, ás 20.00 horas a escritora María Xosé Queizán ditará unha conferencia no Salón de Actos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo arredor de «Amor de tango e o Vigo da primeira metade do século XX.» En Amor de tango María Xosé Queizán ofrece unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas.

Ricardo Gurriarán, autor de «Inmunda escoria», entrevistado por «La Voz de Galicia»

Leal Coello publica en La Voz de Galicia unha entrevista con Ricardo Gurriarán con motivo da presentación en Compostela de Inmunda escoria. Baixo o titular «A guerra non se gañou, pero si a batalla do 68», Gurriarán adianta algún dos contidos e reflexións centrais do seu libro sobre as mobilizacións estudantís na Universidade de Copostela durante o franquismo.

Grande éxito da presentación en Compostela de «Inmunda escoria»

Trescentas persoas ateigaron o Salón Nobre de Fonseca para participar na presentación da obra de Ricardo Gurriarán Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1936-1968. No acto interviron o reitor da USC Senén Barro, o director da área de Historia da Fundación 10 de marzo Víctor Santidrián, o editor de Xerais Manuel Bragado e o autor.

«O sombreiro Chichiriteiro» de Manuel Rivas

O sombreiro Chichiriteiro de Manuel Rivas. Ilustracións de Patricia Castelao Que conta? Na casa do avó do pequeno Simón, un día de festa apareceu dacabalo dunha avestruz o Chancho Colorao, un home robusto, moi fachendoso, vestido de traxe e botas de montar.

«Inmunda escoria» de Ricardo Gurriarán, presentación en Compostela

Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 de Ricardo Gurriarán será presentado mañá, mércores 7 de abril, ás 19:30 horas no Salón Nobre de Fonseca en Santiago.