Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2010

Suso de Toro será entrevistado o martes en «Hoy por Hoy»

Suso de Toro sera entrevistado por Carles Francino mañá, martes 6 de abril, a partir das 10:30 horas, dentro do programa «Hoy por Hoy» da Cadea SER. A entrevista coincide co inicio do lanzamento das edicións en castelán de Sete palabras e Trece badaladas, publicadas por Alianza Editorial.

«Uxío Novoneyra. Revisitado» de Xosé Lois García

PRESENZA DE NOVONEYRA XOSÉ LOIS GARCÍA OFRECE UN ACHEGAMENTO Á BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA, XUNTO CUNHA INTERPRETACIÓN DA SÚA OBRA E DA TOTALIDADE DO SEU LEGADO Responsable da web dedicada a Uxío Novoneyra, teimoso divulgador da cultura lusófona e da nosa identidade en Cataluña, poeta, tradutor e ensaísta, Xosé Lois García (Lugo, 1945) ofrece nesta ocasión un libro singular que entendo como a súa particular homenaxe á fi

Manuel Rivas e Marcos Calveiro abren blogs

Iníciase a primavera literaria coa apertura de novos blogs literarios. O escritor Manuel Rivas, coincidindo co proceso de redacción final da súa nova novela que publicaremos despois do verán, abriu blog co título «O máis estraño» e o subtítulo «A boca da literatura».