Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2010

Suso de Toro, Premio da Crítica de creación literaria por «Sete palabras»

Suso de Toro recibiu onte o Premio da Crítica de creación literaria por Sete palabras, a súa novela máis recente. O xurado, que outorgou o premio por unanimidade, valorou que Sete palabras «é unha obra na que se recolle a súa evolución como escritor, respondendo ás esencias galegas sen renunciar á universalidade».

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, crítica de Dolores Martínez Torres

EXPERIENCIA DA PALABRA Xuvi-Neda: Un discurso sen fronteiras “Vexamos, Fandiño, e ti, que estás facendo aquí? Porque temas para unha novela tes de abondo sen saír da casa. Mesmo as túas andanzas servirían para o material literario que andas a buscar”.

«George Steiner en The New Yorker», crítica de Estro Montaña

NA CIMA DO CANON Estímulo intelectual Edicións Xerais vén de publicar os artigos que durante case trinta anos George Steiner publicara en The New Yorker, un semanario modélico onde a cultura disfruita dun trato privilexiado. Nesa publicación participaran tamén John Updike e Edmund Wilson, e pode ser considerada a máis importante, no seu estilo, dos Estados Unidos.

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, recomendación de Perfecto Conde e Xosé Carlos Caneiro

«El llano en llamas de Vicente Araguas» Escribe hoxe Xosé Carlos Caneiro sobre a permanencia de Compostela nun artigo que aparece no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia.

«Makinaria» de Carlos Negro, extraordinaria guía de lectura en formato web

Recomendamos moi vivamente esta extraordinaria guía de lectura en formato web de Makinaria, o poemario de Carlos Negro publicado en Fóra de Xogo. A guía preséntase como un recurso dixital interactivo e multimedia, dirixido a cada un dos lectores do poemario.

Ferrín presenta en Ourense «O grito do Ipiranga» de Luís García Mañá

Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, presentou onte no IES Otero Pedrayo de Ourense O grito do Ipiranga, a terceira novela de Luís García Mañá protagonizado por Nemesio Castro.

«”A intervención”: una novela ben resolta»

A intervención de Teresa Moure: unha proposta para repensar conceptos A intervención de Teresa Moure é unha novela ben resolta, na que a autora terma con rigor dunha certa tendencia ao exceso estilístico, mais faino sen renunciar á textura da escrita que xa lle é característica.

«Denso recendo a salgado» gabada por Dolores Vilavedra

Denso recendo a salgado de Manuel Portas: a grande novidade literaria da primavera Sen dúbida a gran novidade literaria desta primavera é a estrea como novelista de Manuel Portas, a quen botabamos de menos na vida política. Mais logo de ler Denso recendo a salgado cómpre recoñecer que se cadra foi mellor perder un político e gañar un novelista.

«”Settecento”: moi boa música», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

MOI BOA MÚSICA [En Settecento] Marcos Calveiro reincide no eido da novela histórica e reconstrúe agora a peripecia vital de Vivaldi na Venecia do século XVIII, mais tamén cun salto ao Santiago do mesmo século, nun contrapunto moi ben logrado.

Premios Xerais 2010, composición do xurado

Edicións Xerais de Galicia, unha vez pechado o prazo de admisión de orixinais dos seus premios literarios 2010, nomeou aos membros dos dous xurados. O xurado da XXVII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.

Teresa Moure e Elena Gallego, o sábado, 1 de xuño, na Feira do Libro de Ourense

O sábado, 1 de xuño, coincidindo coa inauguración da Feira do Libro de Ourense (Praza do Bispo Cesáreo), acudirán ao evento as escritoras Teresa Moure e Elena Gallego. Teresa Moure pronunciará o pregón ás 13:00 horas e presentará a súa novela máis recente, A intervención, acompañada do editor Manuel Bragado. Pola súa banda, Elena Gallego ás 19:00 horas asinará exemplares da súa primeira novela, Dragal.

Marcos Calveiro presentará as súas novelas en Outes

Marcos Calveiro presentará mañá, venres 28 de maio, ás 20:30, na Casa da Cultura de Outes, as súas dúas novelas máis recentes O pintor do sombreiro de malvas e Settecento.