Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2010

«En castellano no hay problema», presentación en Cambados

O venres, 28 de maio, ás 21:00 horas, nas instalacións de Exposalnés (Paseo da Calzada s/nº) de Cambados presentarase En castellano no hay problema de Carlos Callón. Noa cto acompañarán ao autor Ramón Domínguez e o editor Xosé Manuel Moo.

«O grito do Ipiranga«, presentación en Ourense

O venres 28 de maio, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense (Rúa Padre Feijóo 14) presentarase O grito do Ipiranga de Luís Manuel García Mañá. No acto acompañarán ao autor, X.L. Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega e o editor Fran Alonso.

«Antoloxía da Literatura Galega» en inglés de Jonathan Dunne

Coeditada por Xerais e Galaxia, co apoio da Consellaría de Cultura e Turismo, na primeira quincena de xuño, chegará ás librerías o volume Anthology of Galician Literature 1196-1981, preparada por Jonathan Dunne e que recolle en edición bilingüe obras que van dende o século XII ata o ano 1981, datas para nada casuais pois abarcan dende o primeiro documento en galego que se conserva ata o Estatuto de Autonomía.

«En castellano no hay problema», presentación en Ourense

«Lúa do Senegal», Agustín Fernández Paz

QUE CONTA? Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi xa que non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África, a súa terra.

«O grito do Ipiranga«, crítica de Manuel Rodríguez Alonso

AVENTURA A ESGALLA A novela de aventuras adoita presentar feitos e acontecementos abundantes, encontros e desencontros, recoñecementos de personaxes separados que volven atoparse. Así mesmo adoitan acontecer estas accións en diferentes lugares, moitas veces exóticos ou polo menos afastados do mundo do lector.

«Níxer», presentación en Ourense

O 26 de maio, mércores, ás 20:15 preséntase no Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal nº 5) Níxer, o libro do que son autores Francisco Xosé Fernández Naval, Camilo Franco, Alfonso Costa e Moustapha Bello Marka, editado por Xerais en colaboración con Acción contra a Fame e Cultura Solidaria Galega. No acto acompañaran aos autores Isabel Iglesias Santos, responsable en Galicia de Acción contra a Fame, e o editor Fran Alonso.

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, crítica entusiasta de Xulio Valcárcel

Xulio Valcárcel publica na  páxina literaria de Diario de Ferrol unha crítica entusiasta de Xuvia-Neda, o libro máis recente de Vicente Araguas.

«Inmunda escoria», presentación na Coruña

O martes, 25 de maio, ás 19:00 horas terá lugar a presentación do libro de Ricardo Gurriarán, Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela. 1939-1968, no Centro Social Caixanova da Coruña (Rúa Riego de Agua). O acto, organizado pola Unión Comarcal de CC.

Ricardo Gurriarán, entrevista en «Galicia hoxe»

Ricardo Gurriarán, autor de Inmunda escoria, é entrevistado por Manuel Vidal Villaverde, dentro da serie ¨Conversas contemporáneas» de Galicia hoxe. Recollemos algúns fragmentos dun texto moi interesante: […] Hai que precisar que non foron moitos os nacionalistas galegos que estiveron na confrontación estudantil contra o franquismo, alá polo 1968, e menos que lideraran as loitas.

Teresa Moure entrevistada por «A Nosa Terra»

César Lorenzo entrevista a Teresa Moure nas páxinas d’ A Nosa Terra con motivo da publicación d’ A Intervención, a quinta novela da monfortina. Recollemos un fragmento das palabras de Teresa, que se poden ler na súa totalidade na edición impresa do semanario: «Eu quixen poñer en práctica a idea central deste libro. Pero faltoume o apoio dun grupo de amigos con ganas de seguirme. Debo ter pouca forza de convicción.

«O grito do Ipiranga», primeira crítica, Ramón Nicolás en «La Voz de Gaicia»

UN NOVO CASO DE NEMESIO CASTRO LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ  OFRECE UNHA NOVA INTRIGA, NESTA OCASIÓN EMPRAZADA EN GALICIA, PORTUGAL E O BRASIL DO SÉCULO XIX. Tras O lume de San Antón, onde se achegaba ás contendas entre o poder relixioso e o civil, e logo de Menino morreu no que erixía unha suxestiva reivindicación do espazo mítico do Couto Mixto, Luís M.