Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2010

«Níxer», crítica de Ramón Nicolás

NÍXER: RADIOGRAFÍA DO ÚLTIMO LUGAR SOBRE A TERRA NÍXER QUERE CHAMAR A ATENCIÓN SOBRE UN DOS PAÍSES MÁIS POBRES DO MUNDO NUNHA INICIATIVA DE EDICIÓNS XERAIS, ACCIÓN CONTRA A FAME E CULTURA SOLIDARIA GALEGA É imposible concluír a lectura dun libro deste carácter tal e como se principiou. Talvez poida semellar que a afirmación é esaxerada, pero non teño dúbida de que esta é unha desas achegas que perduran na memoria.

«En castellano no hay problema», ecos da presentación nacional nos medios

Vieiros, A Nosa Terra e GzNación fanse eco hoxe da presentación na Feira do Libro de Santiago de En castellano no hay problema, o libro de Carlos Callón publicado en Crónica. Grazas a todos eles.

«En castellano no hay problema», presentación hoxe na Feira do Libro de Compostela

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, presenta hoxe ás 19 horas na Feira do Libro de Santiago En castellano no hay problema. A obra fai unha compilación de textos arredor da política lingüística desde os últimos anos dos 90 e ata a etapa actual, centrándose sobre todo no bipartito e no Goberno de Núñez Feijóo.

«Unha historia que non vou contar» recomendada por Eduardo Rolland

NOVELA HISTÓRICA Recomiendo vivamente Unha historia que non vou contar, de Cid Cabido. Es una novela estupenda y, para un vigués, una gozada. A través del asesinato de un empresario de la conserva, retrata el Vigo de los años 70, una ciudad irreal, donde la sardinocracia y el franquismo daban sus últimos coletazos.

Carlos Callón entrevista en «Galicia hoxe»

Carlos Callón, autor de En castellano no hay problema, é entrevistado en Galicia hoxe con motivo da presentación do libro que se celebrará mañá, sábado 8 de maio, ás 19:00 horas na Feira do Libro de Compostela. Neste acto acompañarán ao autor Caetano Díaz (director de Galicia hoxe), Pilar García Negro (profesora da UDC) e  o editor Manuel Bragado.

Carlos Callón, autor de «En castellano no hay problema», en «El País»

Co libro En castellano no hay problema, Carlos Callón (Ribeira, 1978) procura “retallos para construír a autodefensa da lingua”. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística vén de publicar, da man de Xerais, un volume ferramenta a xeito de “munición cívica para o combate en defensa do galego”.

Luís Manuel García Mañá, entrevista en «El País»

Xosé Manuel Pereiro entrevista a Luís Manuel García Mañá, autor d’ O grito do Ipiranga, no suplemento «Luces» de El País Galicia. Recollemos algúns fragmentos da longa conversa: No seu lugar de traballo, entre as placas e distincións propias do cargo e algúns obxectos característicos da profesión, hai retratos dedicados de Francisco Fernández del Riego, Domingo García-Sabell e da poeta María do Carmo Kruckemberg.

Carlos Callón, entrevista en «GZ nación»

O xornal electrónico GZnación entrevista a Carlos Callón con motivo da publicación do seu libro En castellano no hay problema. Recollemos un fragmento da conversa. –«En castellano no hay problema»? Canta retranca e aínda só falamos do título… –O título escolleuse a través dunha votación no meu blog persoal.

«En castellano no hay problema» de Carlos Callón, presentación en Compostela

O vindeiro sábado, 8 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar na Feira do Libro de Compostela a presentación do libro de Carlos Callón En Castellano no hay problema. Noa cto acompañarán ao autor Caetano Díaz (director de Galicia hoxe), Pilar García Negro (profesora da UDC) e  o editor Manuel Bragado. Na promoción da presentación colaboran A Asociación Cultural O Galo e a Mesa Pola Normalización Lingüistica.

«Os Celtas» de Francisco Calo, crítica de Alfredo Iglesias Diéguez «Faro da Cultura»

DÚBIDAS CELTAS. UNHA REVISIÓN DE NOSO Existe dende hai anos un debate, ás veces demasiado acalorado, sobre a presenza celta en Galiza.

«A viaxe do ser» de Manuel P. de Lis, crítica de Pilar Ponte en «Faro da Cultura»

AVENTURA NA MONTAÑA O Ser é un río de 60 quilómetros de lonxitude que nace na serra dos Ancares e que percorremos na novela A viaxe do Ser, estrea narrativa de Manuel Pérez de Lis publicada dentro da colección «Fóra de Xogo» de Xerais.

«Os Celtas» de Francisco Calo, presentación en Compostela

O venres, 7 de maio, a partir das 20:00 horas será presentado na Feira do Libro de Compostela o ensaio de Francisco Calo Lourido Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia. No acto acompañarán ao autor Xerardo Pereira-Menaut, Catedrático de Historia Antigua da USC e o editor Manuel Bragado.