Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2010

«(Retro)visor» de Antía Otero, presentación en Compostela

O mércores, 5 de maio, a partir das 19:00 horas será presentado na Feira do Libro de Compostela o poemario de Antía Otero (Retro)visor. No acto acompañarán á autora o poeta Estevo Creus e o editor Fran Alonso. (Retro)visor é un poemario que parte desa feble liña que separa o real da ficción coa vontade de construír un espazo de identidade onde a voz se sinta cómoda.

«Dragal»: a historia do último dragón galego

Elena Gallego, xornalista cunha ampla traxectoria profesional en medios de comunicación galegos, tanto na prensa escrita coma na radio leva case unha década vencellada ó Morrazo, pola súa labor profesional en Faro de Vigo. Agora saca á luz a súa primeira novela: Dragal. A herdanza do dragón, o primeiro tomo do que será unha completa triloxía.

«A Taboa da Hospitalidade», segunda parte da saga «O Brindo de ouro» recomendada polo crítico Xosé Manuel Eyré

O universo ficcional construído por Xesús Manuel Marcos, na, xa se pode ir dicindo, saga, de O Brindo de ouro, iniciada con aquel O Brindo de ouro I. A chamada do Brindo ( Premio Merlín de 2004) e continuada neste O Brindo de ouro II.

«Denso recendo a salgado», primeira novela de Manuel Portas

O vindeiro xoves, 6 de abril, chegará ás casetas da Feira do Libro de Compostela os primeiros exemplares de Denso recendo a salgado, a novela coa que debuta en Xerais Narrativa o profesor Manuel Portas. Ese mesmo día, ás 20:00 horas na carpa da Feira presentarase a obra nun acto no que acompañarán ao autor Aurora Marco, Xosé A. Sánchez Bugallo, Manuel Bragado.

Marcos Calveiro, autor de «Settecento», entrevista en «Xornal de Galicia»

O escritor Marcos Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968) regresa ás librerías cun novo libro titulado Settecento (Xerais). Nesta ocasión, o autor de Festina Lente (Xerais, 2008) volve con outra novela histórica na que un Vivaldi en plena decadencia busca unha nova faísca que esperte os éxitos colleitados no pasado.

«Unha historia que non vou contar» de Cid Cabido, recomendada no blog «Ler e ver»

Hoxe vou comentar outra novela en galego, non por nada, pero teño un amigo que ultimamente déixame algunha de vez en cando das que lle gustan a el ou que pensa que poden gustarme e, a verdade, é que sempre acerta porque todo o que teño lido a través del resultoume máis que agradable de ler.

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, crítica de Ramón Nicolás en «Culturas»

CORO DE VOCES AFINADAS VICENTE ARAGUAS RETORNA Á NARRATIVA DESDE O TERRITORIO DA MEMORIA, OFRECENDO UN MONLLO DE RELATOS QUE RECREAN PERSONAXES E VIVENCIAS AGROMADAS NAS TERRAS FERROLÁS DE XUVIA E NEDA Na traxectoria literaria de Vicente Araguas Xuvia-Neda vén testemuñar, outra vez, o tributo inequívoco que o autor rende ás súas raíces, iso que se dá en chamar terra natal e que, no seu caso, case cumpriría nomear como “terra

Marcos Calveiro, autor de «Settecento», entrevistado por «A Nosa Terra»

Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968) presenta a un tempo dúas novas obras, ambas publicadas por Xerais. O pintor do sombreiro de malvas (Premio Lazarillo 2009) e Settecento, unha novela ‘moi musical’ situada na Veneza do barroco. –Pasou da Compostela do século XVI de Festina lente á de dous séculos despois. –Santiago é menos importante en Settecento que na miña anterior novela.

Ricardo Gurriarán, autor de «Inmunda escoria», entrevistado por «A Nosa Terra»

Ricardo Gurriarán (O Barco, 1953) é un exhaustivo investigador que agora publica Inmunda escoria (Xerais) e que antes comisariou a  exposición “1968. Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos nós”. Profundo coñecedor da historia da universidade galega no século XX o seu traballo edítase cando as universidades galegas están mergulladas en procesos electorais.

«”Settecento”, a decadencia de Vivaldi»

Marcos Calveiro convídanos neste novo libro a unha viaxe histórica. O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, como nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama con música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido.

A música de «Settecento»

«lg3», o espazo literario de culturagalega.org tivo a idea brillante de publicar a que podería ser a «banda sonora» de Settecento, a novela que este serán presenta na Feira do Libro de Compostela Marcos Calveiro. De Vivaldi e Bocherini a Coltrane e Neil Young. Detrás de Settecento, a última novela de Marcos Calveiro, agóchase moita música, e non toda está presente nas páxinas desta intriga histórica.

«”Settecento”: novela bizantina»

Settecento é unha Fraga. A imaxe proxectada sobre Venezia como un bosque invertido (“sterminata foresta capovolta, stai passeggiando sopra un incredibile bosco alla rovescia”), xa que está sostida por milleiros de piares de madeira submerxidos, mineralizados, tamén vale para este libro de Calveiro.