Publicado o 28 Xuño, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais
Iago Martínez entrevista a Iolanda Zúñiga en Xornal de Galicia, dúas semanas despois da entrega do Premio Xerais de Novela 2010. A autora de Periferia ultima estes días o o rixinal da novela que aparecerá nos andeis das librarías na primeira semana de outubro.
Ler máis →
Publicado o 28 Xuño, 2010 nas categorías Crónica, Lingua, Noticias, Presentacións
O vindeiro mércores, 30 de xuño, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións de Caixanova da Estrada, realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema. No acto acompañarán ao autor, David Otero.
Ler máis →
Publicado o 25 Xuño, 2010 nas categorías Crónica, Lingua, Noticias, Presentacións
O vindeiro martes, 29 de xuño, ás 20:00 horas, nas instalacións da Casa Museo Casares Quiroga da Coruña (rúa Panaderas 12), realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema. No acto acompañarán ao autor, Manuel Rivas, Iria Taibo e o editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 25 Xuño, 2010 nas categorías Autores, Narrativa, Reportaxes, Xerais_nos_medios
A LITERATURA SAÚDA A UNHA NOVA XERACIÓN DE MULLERES PROSISTAS
Dezaoito anos despois da súa creación, en 2001 o Premio Xerais de Novela, o de maior dotación económica en lingua galega, distinguiu, por vez primeira, unha obra escrita por unha muller.
Ler máis →
Publicado o 25 Xuño, 2010 nas categorías Antoloxía, Autores, Críticas, Xerais_nos_medios
UNHA ANTOLOXÍA CON VOCACIÓN TOTALIZADORA E CANONIZADORA
A magna Anthology of Galicia Literatura/Antoloxía da Literatura Galega preparada por Jonathan Dunne sinala, na miña opinión, un dos camiños polo que o noso sistema literario se debe encarreirar na loita pola súa supervivencia: o da colaboración entre empresas (aquí Xerais e Galaxia), neste caso abenzoada co apoio da Xunta, cuxa ausencia resultaría incomprensible nun proxe
Ler máis →
Publicado o 25 Xuño, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
UN LIBRO DOTADO DUNHA COHERENCIA POUCO COMÚN
Entre as novidades literarias máis recomendables salienta O coitelo en novembro de Marilar Aleixandre.
Ler máis →
Publicado o 25 Xuño, 2010 nas categorías Autores, Críticas, Noticias, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Por se non o sabían. Ademais de moitas outras cousas, todas elas moi louvables, ler é sexy. Graciñas a Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de novela 2010, por lembrárnolo na camiseta que vestía cando recolleu o galardón. Unha ás veces esquece ese tipo de obviedades, sobre todo nos tempos que corren.
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2010 nas categorías Críticas, Crónica, Narrativa, Poesía, Xerais_nos_medios
Luciano Rodríguez publica na revista Ínsula (páxinas 23-25 do número do mes de xuño) unha completa panorama do que foi a literatura galega no pasado ano 2009. Entre os títulos recomendados no eido da Narrativa, Luciano Rodríguez destaca algúns publicados por Xerais como Monte Louro de Luís Rei Núñez, A vida do outro de Carlos G.
Ler máis →
Publicado o 23 Xuño, 2010 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
O vindeiro venres, 25 de xuño, ás 20:30 horas, nas instalacións do Multiusos de Arcade en Soutomaior, realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema. No acto acompañarán ao autor, Nacho Carballal, responsable da plataforma Queremos galego de Soutomaior e o editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 23 Xuño, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O vindeiro xoves, 24 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro de Vigo (Rúa Eduardo Iglesias 12), presentarase Denso recendo a salgado, a primeira novela de Manuel Portas. No acto acompañará ao autor o editor Fran Alonso.
Ler máis →
Publicado o 22 Xuño, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Guillermo Llorca publica hoxe en Diario de Ferrol unha moi gabanciosa crítica de Xuvia-Neda o aclamadísimo libro de relatos de Vicente Araguas. O texto pode baixarse en pdf aquí.
Ler máis →
Publicado o 22 Xuño, 2010 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Premios, Xerais_nos_medios, Xuvenil
O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, achégase ás derradeiras horas do xenial Vincent Van Gogh
Marcos Calveiro iniciou a súa andaina na LIX galega en 2006, ano en que deu a lume Sari soñador de mares, novela para a mocidade á que axiña lle seguiría Rinocerontes e quimeras (2007).
Ler máis →