Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2010

Finou Sérgio Klein

Finou Sérgio Klein

Soubemos hoxe do falecemento de Sérgio Klein, o autor brasileiro da serie «Poderosa», da que levamos editadas dúas entregas e da que preparamos a terceira, novelas traducidas todas as tres por Mercedes Pacheco.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», presentación en Cangas

O vindeiro venres, 23 de xullo, ás 19:30 horas, presentarase na Feira do Libro de Cangas (Alameda de Soage) o libro do profesor Xesús Alonso Montero Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). No acto o autor estará acompañado polo editor Manuel Bragado.

Jonathan Dunne, entrevista no «Diario Cultural» da Radio Galega

Aquí se pode escoitar a entrevista que Ana Romaní realizou a Jonathan Dunne con motivo da publicación da Anthology of Galician Literature.

Todo o verán para a aventura, todo o verán para a lectura

En pleno mes de xullo aínda hai tempo para a choiva, agradécese especialmente cando refresca o ambiente, pero o mellor é enrouchar no mar, esa sensación que lle queda a un cando leva unha porrada de horas dentro da auga. O corpo pide sol e praia pero tamén quere froita, xeados e por que non, unha sopa, pero unha Sopa de xarope de amora. Este é o título da obra de Xosé A.

Xerais no Festigal 2010

XERAIS participa no FESTIGAL 2010 coas seguintes presentacións: DÍA 24 de xullo 18:30 h.: Presentación de Sol de Inverno de Rosa Aneiros con Manuel Bragado e a autora. 19:15 h.: Presentación do libro En castellano no hay problema de Carlos Callón con Alba Nogueira, Caetano Díaz, Manuel Bragado  e o autor. DÍA 25 de xullo 18:30 h.

Manuel Bragado, novo presidente da Asociación Galega de Editores

A Asemblea da Asociación Galega de Editores elixíu nova directiva baixo a presidencia de Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, e a vicepresidencia de Belén López, directora de Baía edicións. A elección da nova presidencia e do resto dos integrantes da súa directiva contou co apoio dos editores, obtendo o voto unánime dos reunidos en asemblea.

«Makinaria» de Carlos Negro

Que conta? Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos.

«O pracer de aprender» (Xerais 1992)

«O pracer de aprender». Materiais educativos de Xerais (1992) from Manuel Bragado on Vimeo. Recuperamos o vídeo promocional que Xerais utilizou de forma pioneira na promoción de «Labia», os materiais curriculares de Educación Primaria publicados con motivo da primeira reforma curricular da ESO. Como aqueloutro anuncio alboral do Diccionario Xerais de Lingua, hoxe poderiamos denominar a esta presentación «book-trailer».

«Dicionario de Arte»

Dicionario de Arte é unha obra de consulta, preparada polos profesores Emilio de Gregorio e Armando Sendín, coa intención de proporcionar en galego unha explicación clara e breve, contextualizada e global dos termos claves da arte e da súa historia.

«Anthology of Galician Literature» de Jonathan Dunne por Xulio Valcárcel

ESCRITORES ALEMÁNS E GALEGOS Sábese da verdadeira dimensión dunha obra cando viaxa e se somete a criterios externos e imparciais, alleos a influencias afectivas e a oportunismos coxunturais. Proxectada en doble dimensión: unha particular, dentro das propias lindes; outra universal, trasladada a outras linguas.

«Anthology of Galician Literature« de Jonathan Dunne por Sandra Faginas

OITOCENTOS ANOS DE LITERATURA GALEGA TRADUCIDOS AO INGLÉS Se abrir un libro é un precipicio de intensidade, abrir unha antoloxía é somerxerse nunha irrefreable desembocadura de voces, títulos, gustos, matices e impresións.

«A Intervención» de Teresa Moure recomendada por Xosé Carlos Caneiro

ALÉGRAME moito a lectura de A Intervención, a nova novela de Teresa Moure. E digo que me alegra porque a autora, pola que sinto declarada predilección, volve a facer literatura de rigor artístico. Velaquí unha novela que entronca co mellor que ten escrito esta intelectual de orixinalísima voz e constante alento artístico.