Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2010

Ánxel Vázquez de la Cruz, entrevista en «Atlántico»

Ánxel Vázquez de la Cruz, autor de Luz de Tebra é entrevistado por Atlántico. Tal como se sinala na entrevista, este seu primeiro libro de relatos será presentado o día 3 de agosto na Feira do Libro da Coruña (nun acto no que estará acompñado polo doutor Manuel Salorio e o escritor Manuel Rivas) e, máis tarde, nos meses de setembro e outubro, nas cidades de Tui, Vigo e Compostela.

Manuel Portas: «Ninguén contara o drama de Arousa dende dentro»

César Lorenzo entrevista no semanario A Nosa Terra a Manuel Portas con motivo da publicación da súa primeira novela Denso recendo a salgado. Recomendamos a lectura dunha entrevista que se pode ler completa na edición en papel do semanario (pdf aquí).

Marcos Calveiro e Ramón Trigo na Feira do Libro de Vigo

Marcos Calveiro e Ramón Trigo. Feira do Libro de Vigo. 7 de xullo de 2010. from Manuel Bragado on Vimeo.

«Feministas galegas», presentación en Cangas

O sábado, 10 de xullo, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal de Cangas e dentro da programación das VII Xornadas da Muller, terá lugar a presentación do libro de Mónica Bar Cendón Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha. No acto acompañará á autora o editor Manuel Bragado.

«En castellano no hay problema» presentación en Ferrol

O vindeiro mércores, 14 de xullo, ás 20:00 nas instalacións da Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32), terá lugar a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema. Acompañarán ao autor, Carlos Outeiro, Francisco Rodríguez, e Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais xa ten pechado o programa dos actos que realizará na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Día 2 luns 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. 19:30 h.

«Xuvia-Neda e os heroes» por Xosé Manuel Eyré

Acabo de tomar contacto con eles. E o contacto resulta conmovedor, absolutamente CONMOVEDOR e INTELIXENTE. Son xentes humildes, auténticos heroes que manteñen unha grande humanidade en tempos socialmente miserentos, en tempos de inverno eles son a primavera que permite soñar. Falo das personaxes de Xuvia-Neda e, no caderno da crítica estas son as primeiras notas que tomei.

Carlos Callón entrevistado por «Vieiros»

Carlos Callón é entrevistado por Vieiros a raíz da publicación de En castellano no hay problema. Recomendamos a lectura dun texto do que recollemoa apenas algúns fragmentos iniciais: Cando se cumpren oito anos dende que asumise a presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón (Ribeira, 1978) lamenta que a existencia desta organización siga a ser necesaria.

«Antoloxía da Literatura Galega» por Miguel Anxo Fernán Vello

Edicións Xerais e Galaxia uníronse para, coa colaboración da Consellería de Cultura, levar a cabo un proxecto ben fermoso, construtivo e necesario: dar a coñecer a mellor literatura galega fóra das nosas fronteiras. A idea deste proxecto –supoño eu– partiu de Jonathan Dunne, excelente tradutor e responsábel da recentemente editada Anthology of Galician Literature.

«Un veciño cheo de sorpresas», primeira entrega da colección «O Club da ciencia»

NO MUNDO DA CIENCIA Con perspectivas amenas Un veciño cheo de sorpresas constitúe unha das primeiras entregas dunha nova colección que, baixo o nome “O club da ciencia”, vén de tirar do prelo Edicións Xerais de Galicia e que resulta recomendada para o segundo e terceiro ciclos de Primaria  onde pretende introducir os nenos no mundo da Ciencia dende unha perspectiva amena para que perciban que os contidos científicos están pr

«En castellano no hay problema», crítica de Marga Romero

RIGOR E LUCIDEZ Contra os prexuízos do autoodio Produto do combate cívico en defensa da normalización da lingua, a escrita volve exercer de transmisora de argumentos razoados contra os prexuízos do autoodio. Mostras de tal loita vén ser o volume que hoxe lles recomendo, asinado por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

«O grito do Ipiranga», crítica de Armando Requeixo

AVENTURAS TRANSOCEÁNICAS Antídoto contra o aborrecemento Luís García Mañá é autor dunha das triloxías histórico-detectivescas máis notable dos últimos tempos.