Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2010

«Settecento» de Marcos Calveiro, crítica de Montse Pena Presas

INVENTAR VENECIA Unha voz consolidada Sinalar que Marcos Calveiro é un magnífico creador e recreador de ambientes é, quizais, dicir xa pouco na pretensión de resumir a súa traxectoria.

«”Xuvia-Neda”: regresar ao espazo mítico»

VICENTE ARAGUAS «COMPRIME A EXPRESIÓN» NO SEU LIBRO DE RELATOS «XUVIA-NEDA», QUE VOLVE HOMENAXEAR OA LUGAR NATAL O neno Fandiño, que prefire escoitar historias de amor que facer caligrafía. “Filósofos de rueiro” como Lourenzo, o indiano que simpatizaba coa República porque en Cuba aprendera que ninguén é máis ca ninguén. Unha casa que chora cando soan cancións tristes.

«Xuvia-Neda», presentación o venres en Neda

O vindeiro venres, 9 de xullo, ás 20,00 horas na Casa das Palmeiras, Avda. de Algeciras en Neda Vicente Araguas presentará o seu libro de relatos Xuvia-Neda. Acompañará ao autor o escritor e profesor Eduardo Fra Molinero.

Xerais na Feira do Libro de Cangas

Xerais organiza os seguintes actos na Feira do Libro de Cangas do Morrazo que terá lugar na Alameda de Soage do 21 ao 25 de xullo: Día 21 mércores, 20:30 horas: Pregón a cargo de Suso de Toro. Día 22 xoves, 19:00 horas: Elena Gallego asinará exemplares do seu libro Dragal. A herdanza do dragón.

Teresa Moure e os autores de «Níxer» na Feira do Libro de Vigo

Mañá, xoves, 8 de xullo ás 19:30 h na Feira do Libro de Vigo presentarase Níxer, libro solidario promoivodo por Acción contra a Fame e editado por Xerais. No acto intervirán dous dos coautores, Camilo Franco e Francisco Fernández Naval, Isabel Iglesias Santos, rsponsable en Galicia de Acción contr a Fame e o editor Fran Alonso. O venres, 9 de xullo, tamén ás 19:30 horas, presentarase a novela de Teresa Moure A Intervención.

«Baixo a sombra das pedras flotantes» (trailer)

Fendas no muro.

Cid Cabido, pregón na Feira do Libro de Vigo

Cid Cabido, pregón Feira do Libro de Vigo, 2 de xullo de 2010 from Manuel Bragado on Vimeo.

«O pintor do sombreiro de malvas», presentación o mércores 7, ás 20:30 na Feira do Libro de Vigo

Os organizadores da Feira do Libro de Vigo acaban de facernos chegar a noticia de que finalmente será posible realizar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o mércores 7, ás 20:30 horas, xa que o concello de Vigo decidiu realizar a proxección do partido do campionato mundial de fútbol nun espazo do Castro.

«O pintor de sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro

Unha moi interesante opción esta lectura de Marcos Calveiro. O pintor do sombreiro de malvas é, creo, toda unha homenaxe á arte, á pintura, e a un dos grandes, Van Gogh. Claro que a novela ofrece máis, para interesar ao lector, e máis se este é un lector adolescente. A novela ofrece amor, dúbidas, amizade, espertares, paisaxes, humanidade.

Feira do Libro de Vigo, programa definitivo de actos para esta semana

A inoportuna coincidencia na Praza de Compostela da celebración da Feira do Libro de Vigo e da proxección dos partidos do campionanto mundial de fútbol, obriga a editorial a cancelar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o vindeiro mércores.

«Denso recendo a salgado» de Manuel Portas

UNHA VOZ SÓLIDA MANUEL PORTAS REALIZA A SÚA PRIMEIRA INCURSIÓN NARRATIVA CUNHA NOVELA DE XINEA CINEMATOGRÁFICA E PERSPECTIVA XERACIONAL Manuel Portas era coñecido, ata o de agora, alén do seu labor docente e da súa actividade política desenvolta no concello de Santiago de Compostela, por ser o autor dun manual de sociolingüística convertido, por dereito propio, nun volume de inexcusable referencia durante a práctica totalidad

Teresa González Costa, entevista en «Galicia hoxe»

Manuel Vidal Villaverde entrevista a Teresa González Costa, gañadora do Premio Merlín 2010 pola novela A filla do ladrón de bicicletas, dentro da súa serie de «Conversas contemporáneas« que publica cada luns Galicia hoxe.