Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2010

«Aparece a palabra celta e nace a confusión» por Xavier Castro

O primeiro dato escrito arredor do que se denomina o universo celta atopámolo nas Historias de Herodoto (autor do século V a. C. iniciador da historia, a xeografía e a etnografía) cando afirma que o río Istros (Danubio) nace na Céltica, no país dos celtas, preto da cidade de Pyrene e ao oeste dos celtas unicamente vivían os cynesios, é dicir, os homes cans.

«A prosa de Fernández Naval soa a poesía» por José Manuel Estévez-Saá

Cando se di dun escritor que a súa narrativa soa como a poesía está a darse a entender, desde un punto de vista metafórico, que a súa produción literaria reúne unha serie de características que a fan atractiva ao lector, como a precisión na linguaxe, a sonoridade da mesma, a mestría na caracterización dos personaxes ou a brillantez á hora de construír as situacións dramáticas.

Rosa Aneiros e Elena Gallego, o luns na Feira do Libro de Vigo

O vindeiro luns, 5 de xullo, a partir das 19:00 horas, Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009 e Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. Na mesma xornada, ás 19:30 horas, Elena Gallego presentará a súa primeira novela, Dragal. A herdanza do dragón, acompañada do editor Manuel Bragado.

Suso de Toro presentou «Sete palabras» en Zamora e Toro.

Suso de Toro acaba de chegar das cidades de Toro e Zamora onde presentou a edición en castelán de Sete palabras, a súa novela máis recente pola que obtivo o Premio da Crítica 2010.

Feira do Libro de Vigo, actos de Xerais na primeira fin de semana

Mañá, venres, 2 de xullo, inaugúrase a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na praza de Compostela, co pregón que pronunciará ás 20:00 horas o escritor Cid Cabido, autor d’ Unha historia que non vou contar, Premio ao mellor libro de Narrativa do ano 2009 da Asociación de Escrtiores en Lingua Galega.

«En castellano no hay problema», presentación en Noia

«En castellano no hay problema», presentación en Noia

Hoxe xoves, 1 de xullo, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema. No acto acompañarán ao autor, Rafael García Guerrero, Alcalde de Noia; Domingos Ramón Campos Alborés, Portavoz Comarcal de Queremos Galego e o editor Manuel Bragado.