Publicado o 31 Agosto, 2010 nas categorías Cultura_Audiovisual, Libros_texto_Bacharelato, Noticias, Unidades_de_mostra_en_pdf
Acaba de aparecer o manual de Cultura audiovisual que desenvolve o currículum desta materia de 1º de Bacharelato. Elaborado por José Eulogio Rouco Lamela, profesor do IES Adormideras da Coruña, constitúe a primeira achega didáctica editada en Galicia e en galego sobre unha materia obrigatoria no Bacharelato de Artes e optativa no resto.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Baixo o título «Nunca o poder lle fixera tanto dano ao galego na autonomía» Manuel Vidal Villaverde publica en Galicia hoxe unha longa entrevista a Chisco fernández Naval, autor de títulos recenes no catálogo de Xerais como Níxer ou Para seguir bailando.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2010 nas categorías Animación á lectura, Literatura_tradición_oral, Monografías, Noticias, Presentacións
Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI) reúnen neste volume un conxunto de estudos baixo o título Reescrituras do conto popular (2000-2009).
Ler máis →
Publicado o 27 Agosto, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, Narrativa
Hoxe, venres 27 de agosto, a partir das 20:000 horas, o escritor Xesús Manuel Marcos asinará exemplares das súas obras na Feira do Libro de Monforte.
Ler máis →
Publicado o 26 Agosto, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Tintimán, Xerais_nos_medios
Iago Martínez publica en Xornal de Galicia unha longa entrevista con Jaureguizar. Tras a publicación recnte das dúas primeiras entregas da serie «Aventuras de Tintimán», Corazón de chocolate e A coroa de Napoleón, anuncia que corrixe o orixinal dunha nova novela para adultos.
Ler máis →
Publicado o 26 Agosto, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Noticias, Xerais_nos_medios
Rodri García faise eco nas páxinas de La Voz de Galicia da próxima aparición de Asasinato no Consello Nacional, a vindeira novela de Diego Ameixeiras, ambientada no BNG e protagonizada polo detective Alberto Cupeiro. Para Ameixeiras «Cupeiro é moi distinto a Dopico, investiga outro tipo de intrigas, un mundo de política ficción e aquí a trama é máis real, máis pegada á actualidade».
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Ao longo deste mes de agosto, Adrián Gondar ven publicando no xornal Galicia hoxe unha serie de entrevistas con escritores e escritoras galegos baixo a denominación de «Praia, montaña ou pluma?» Eis os enlaces dalgunhas das máis recentes de tan magnífica xeira:
Xabier Quiroga: «En punto morto»
Darío Xohan Cabana: «O vicio de escribir»
Marilar Aleixandre: «Estimulando o intelecto»
María Xosé Queizán: «A axilización da
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias
En Monforte desenvolverase a XIII edición da Feira do Libro do mércores 25 de agosto até o sábado 28, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas todos os días. Na primeira xornada, o acto de inauguración será ás 18:00 horas, a cargo de Xosé Manuel Pereiro. Logo, ás 20:30 h., Marcos Calveiro asinará exemplares do seu libro Settecento e do resto da súa obra.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2010 nas categorías Entrevistas, Feiras_do_libro, Narrativa, Reportaxes, Xerais_nos_medios
Xosé Manuel Pereiro publicou o pasado 14 de agosto en El País unha reportaxe sobre o éxito na Feira do Libro da Coruña de Luz de Tebra, o libro de relatos co que se estrea literariamente o doutor Ánxel Vázquez de la Cruz. Luz de Tebra foi o libro máis vendido en galego durante a decena da Feira do Libro coruñesa.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2010 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Narrativa
Xavier Queipo
Marilar Alexandre non precisa presentación. Nas notas biográficas non é infrecuente sinalar o seu nacemento fóra de Galicia e considerala unha escritora alófona, termo contra o que ela reaxe senón con virulencia, si con desagrado.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2010 nas categorías Feiras_do_libro, Noticias, Presentacións
Xerais participará na Praza dos Libros de Carballo que se celebrará do 26 ao 29 de agosto organizada polo concello de Carballo. O completísimo e modélico programa de actividades pode baixarse en pdf aquí. Nesta feira presentaranse dous libros de Xerais: A intervención de Teresa Moure e Lingua de calidade de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Baixo os titulares «Novo diario dun médico de garda» e «Un dos acontecemento literarios do ano», o crítico Armando Requeixo recomenda moi vivamente Luz de Tebra, o libro de relatos co que se dá a coñecer na literatura galega Ánxel Vázquez de la Cruz. O texto de Requeixo, publicado o domingo 22 de agosto nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, pode baixarse en pdf aquí.
Ler máis →