Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2010

Crítica de Paula Fernández sobre «Un furacán chamado Otilia»

Dentro da colección O club da ciencia, que acolle títulos de carácter divulgativo e con contido científico, con temas que abordan, de xeito moi ameno, e a través de historias de ficción, o corpo humano, as plantas, o mundo animal, o universo, todos eles da autoría de Víctor Raga, figura tamén Un furacán chamado Otilia, que se ocupa dos elemento atmosféricos: os estados da auga, que é a atmósfera e cantas capas ten, o ciclo

Crítica de Armando Requeixo sobre «(Retro)visor»

(Retro)visor,  de Antía Otero, un dos últimos títulos da colección Poesía de Xerais, é obxecto da valoración crítica por parte de Armando Requeixo no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo.

A tradutora de «Reckless» ao galego, en Radiofusión

A tradutora de «Reckless» ao galego, en Radiofusión

Radiofusión (Radios Municipais Galegas) faise eco da saída ao galego de Reckless. Carne de pedra durante o seu lanzamento internacional e, con ese motivo, entrevistaron a María Xesús Bello, tradutora da novela de Cornelia Funke á nosa lingua. Na páxina de Radiofusión, onde se dá conta da nova, poden escoitarse tamén as declaracións da tradutora.

Iolanda Zúñiga: «Os tempos son chegados, tamén para a ficción»

Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de Novela 2010 coa novela Periferia, foi entrevistada este sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia polo crítico Ramón Nicolás.

Crítica sobre «Periferia» de Ramón Nicolás

Crítica sobre «Periferia» de Ramón Nicolás

No suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado sábado, amais dunha entrevista con Iolanda Zúñiga, autora de Periferia, inclúese unha crítica de Ramón Nicolás nas que, entre outras cousas, asegura que «voces como a de Zúñiga non se poden desaproveitar: espellan un tempo, que é o noso, e fano con honestidade» Pódese ler a crítica completa aquí.

«Todo é silencio» de Manuel Rivas, adianto do segundo capítulo

«Todo é silencio» de Manuel Rivas, adianto do segundo capítulo

Faro de Vigo e La Opinión da Coruña adiantan hoxe o segundo capítulo de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas que aparecerá nas librarías galegas o vindeiro 14 de outubro. Unha novela profundamente fermosa chamada a ampliar a base de lectoras e lectores da novela galega.  Boa lectura deste adianto. A páxina en pdf de Faro de Vigo pode baixarse aquí.

«Reckless», artigo de Estévez-Saá

«Reckless», artigo de Estévez-Saá

El Correo Gallego publicaba onte un artigo de José Manuel Estévez-Saá sobre Reckless. Carne de pedra, de Cornelia Funke. O autor do artigo destaca o rigor da tradutora, María Xesús Bello Rivas e a decidida aposta de Xerais por este libro.

Outono de lectura: Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga e Diego Ameixeiras

Maré, as páxinas de cultura do Galicia Hoxe, recolle hoxe unha reportaxe sobre as novidades literarias para o próximo outono, baixo o título «Outono de lectura». Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga e Diego Ameixeiras son os tres autores que Xerais vai ofrecer aos seus lectores e lectoras.

Cornelia Funke presentou «Reckless», que xa está nas librarías e tamén será levada ao cine

O último libro de Cornelia Funke xa está nas librarías. Con el, o pasado martes Xerais incorporouse por primeira vez a un lanzamento internacional dese tipo, incluíndo a tradución ao galego (autoría de María Xesús Bello) entre as linguas que participaban no evento. A presentación de Reckless. Carne de pedra tivo lugar en Nova York e foi retransmitida en directo por vídeo a través da páxina de fans da autora.

A profa presenta unha completísima guía de lectura de «Ás de bolboreta»

A profa acaba de presentar no seu blog unha completa guía de lectura de Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que contou coa colaboración da propia autora. A guía de lectura está dirixida, moi especialmente, para o seu uso didáctico co alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

Artigo de Neira Vilas sobre «Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)»

O escritor Xosé Neira Vilas publicou o pasado domingo en El Correo Gallego un artigo sobre Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), do profesor e investigador Xesús Alonso Montero, libro que foi Premio Ánxel Casal na categoría de non ficción. Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) é o título dun libro de Xesús Alonso Montero (Edicións Xerais, 2009). Un libro certamente conmovedor.

Mañá poñerase á venda «Reckless» en galego durante o lanzamento mundial

A partir de mañá estará nas librerías a tradución ao galego de Reckless. Carne de pedra, a última novela de Cornelia Funke. A coidadosa tradución, que levou á cabo María Xesús Bello Rivas, poderá adquirirse nas librerías o mesmo día en que se produce o seu lanzamento mundial nas principais linguas europeas, lanzamento no que tamén participa Xerais.