Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2010

«Asasinato no Consello Nacional» continúa espertando expectación

Asasinato no Consello Nacional, a próxima novela de Diego Ameixeiras, continúa espertando expectación en distintos medios. Agora é o blog Letras e bits en Galicia e no mundo de El Correo Gallego, o que recolle a noticia da súa trama. A novela estará nas librerías a principios de outubro.

Calveiro reivindica a importancia da literatura infantil

Ao fío do Congreso do IBBY que onte se pechou en Santiago de Compostela, o escritor Marcos Calveiro, reivindica nas súas declaracións ao Xornal de Galicia que a literatura infantil «non é unha literatura de segunda», destacando o labor de dignificación que supón o congreso do IBBY para a súa percepción social.

Diego Ameixeiras fala de «Asasinato no Consello Nacional»

Diego Ameixeiras fala de «Asasinato no Consello Nacional»

O xornalista Óscar Iglesias publica no especial Luces de El País unha reportaxe sobre a incorporación de materiais reais na narrativa galega actual. Con tal motivo, fala con Ameixeiras sobre Asasinato no Consello Nacional, novela na que se fabula un crime vencellado ás leas nacionalistas. A novela, publicada na colección Narrativa de Xerais, sairá á venda a finais deste mes de setembro.

Manuel Bragado, entrevista en “El País”

Teresa Cuíñas entrevista a Manuel Bragado no suplemento “Luces” de “El País”. Manuel Bragado, Presidente da Asociación Galega de Editores e Director de Xerais, fala da situación actual do libro galego e da lingua.

Hoxe comeza o congreso do IBBY

A partir de hoxe, e baixo o lema «A forza das minorías», Santiago de Compostela acollerá o 32º Congreso do IBBY (International Board on Books for Young People), que reunirá a 600 persoas de todo o mundo relacionadas co traballo da creación, edición e difusión da literatura infantil e xuvenil. Trátase do evento literarario de maior envergadura mundial no ámbito da literatura infantil e xuvenil.

«Reescrituras do conto popular (2000-2009)» preséntase mañá en Compostela

Mañá mércores 9 de setembro, ás 13:00 horas será presentado na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago Reescrituras do conto popular (2000-2009), o volume que para este ano preparou LIJMI, a rede de investigación das Literanturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico.

Artigo de Rubén Eyré sobre «Luz de Tebra»

Artigo de Rubén Eyré sobre «Luz de Tebra»

Na terra das Veigas, nos abicedos da centenaria Carballeira de Cartelos, alí mesmo onde as follas das árbores minguaban as intecións desta queimura de agosto, pois mesmo alí, comecei e rematei de ler Luz de Tebra. Trátase dunha ducia de relatos curtos cuxo autor é Ánxel Vázquez de la Cruz. A obra publicouna Edicións Xerais de Galicia e está prologada por Manuel Rivas.

«O coitelo en novembro» de Marilar Aleixandre, crítica de Ramón Nicolás

«O coitelo en novembro» de Marilar Aleixandre, crítica de Ramón Nicolás

INCÓGNITAS DA CONDICIÓN HUMANA MARILAR ALEIXANDRE PUBLICA UN CATIVADOR LIBRO INTEGRADO POR MULTITUDE DE HISTORIAS QUE CONFORMAN UN VIZOSO UNIVERSO LITERARIO E HUMANO Recoñecer que Marilar Aleixandre é unha das nosas narradoras máis esixentes poida que estea de máis, pero son dos que pensa que é de xustiza afirmalo.

Eva Veiga, entrevista en Galicia Hoxe

A poeta Eva Veiga é entrevistada hoxe por Manuel Vidal Villaverde no Galicia Hoxe. A autora do poemario Paisaxes do baleiro (Xerais, 1999), fala de poesía, da situación política e dos seus proxectos literarios.

«Randea do alento» de Herta Müller, primeiro capítulo para ler

Pódense baixar en pdf as primeiras páxinas de Randea do alento, a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. O adianto inclúe a introdución de Marga do Val, a tradutora, e o primeiro capítulo da obra. Randea do alento chegará ás librarías na derradeira semana de setembro.

«Randea do alento», a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009

Na derradeira semana deste mes de setembro aparecerá nas librarías Randea do alento, a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. Traducida do alemán por Marga do Val, esta novela foi considerada pola crítica alemá «como unha obra que, nestes momentos, sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos».

«Asasinato no Consello Nacional», próxima novela de Diego Ameixeiras

Galicia hoxe faise eco da aparición na derradeira semana do mes de setembro de Asasinato no Consello Nacional, a quinta novela de Diego Ameixeiras.