Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2010

O pulo transformador de Teresa Moure

Baixo o título «O pulo transformador», Montse Dopico publica en Galicia hoxe unha longa entrevista a Teresa Moure a raíz da publicación da súa cuarta novela, A Intervención. A novela relata a preparación da performance artístico-política no Courel, artellada ao xeito do land art. «Nas presentacións do libro poño imaxes de obras de land art. E tamén dunha pequena intervención que fixemos uns amigos e eu.

Empresa e Iniciativa Emprendedora

Acaba de aparecer o manual de Empresa e Iniciativa Emprendedora que pode ser utilizado como material para o alumnado tanto na materia dos ciclos formativos da LOE «Administración, xestión e comercialización na pequena empresa» como na materia optativa de ESO «Obradoiro de iniciativas emprendedoras».

Rubén Ruibal, entrevista en «Xornal de Galicia»

Iago Martínez entrevista en Xornal de Galicia a Rubén Ruibal. As dificultades para estrear Limpeza de sangue, cinco anos despois de ser premiada e dunha sentenza do Tribuna Superior de Xustiza de Galicia e a súa vinculación co seu mestre Roberto Vidal Bolaño son algúns dos temas abordados nunha entrevista que recomendamos moi vivamente.

A aventura viaxeira de Dragal

Elena Gallego relata no blog de Dragal a peripecia que polo mundo adiante que percorren cinco exemplares abandonados desta súa primeira novela. Unha experiencia pioneira en Galicia de bookcrossing que seguiremos con moita atención. Parabéns para Elena Gallego por tan interesante iniciativa.