Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2010

Entrevista a Manuel Rivas por «Todo é silencio»: «Un libro que non é perigoso non é libro»

Entrevista a Manuel Rivas por «Todo é silencio»: «Un libro que non é perigoso non é libro»

O suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publica hoxe unha longa entrevista de dúas páxinas a Manuel Rivas feita por Natalia Álvarez, con motivo da publicación da súa última novela Todo é silencio.  O libro, para o que Xerais preparou un booktráiler, leva xa 12.000 exemplares vendidos.

«Reckless», de Cornelia Funke: crítica de Marga Romero

O suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publica hoxe unha recensión crítica de Marga Romero sobre a novela Reckless. Corazón de pedra, de Cornelia Funke. Pódese baixar en pdf. Reproducímola integramente: Feliz galano Viaxar, cando toda a terra é dos contos Cornelia Funke (Dorsten / Westfalia, Alemaña,1958) foi máis feliz cando o pasado 14 de setembro presentou a súa última novela, Reckless.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa

O crítico Ramón Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, un post sobre a Guía ilustrada da Galicia invisible, do escritor Antonio Reigosa.

Trafegando ronseis recomenda «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

Trafegando ronseis recomenda «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

O blog Trafegando ronseis recomenda nun post o Premio Merlín de Literatura Infantil 2010, A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa. Reproducímolo integramente: Teresa González Costa gañou o Premio Merlín de Literatura infantil con este libro, A filla do ladrón de bicicletas, ilustrado magnificamente por Jacobo Fernández Serrano e publicado por Xerais.

«Asasinato no Consello Nacional», booktrailer

[kml_flashembed movie="https://www.youtube.com/v/ZGHPUxRISnQ" width="600" height="450" wmode="transparent" /] Booktrailer de promoción da novela Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras, editada orixinalmente ne lingua galega por Edicións Xerais de Galicia. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez.

«A filla do ladrón de bicicletas», para pícaros

O xornal El Progreso publicou unha páxina no suplemento «Pícaros» dedicada ao libro gañador do Premio Merlín 2010, A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa.

Novelas e relatos de aprendizaxe e iniciación

O xornal El Correo Gallego rememora hoxe, nun texto asinado por Mar Fernández Vázquez, a importancia das novelas e relatos de aprendizaxe e inciacion durante os anos 80.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Periferia, de Iolanda Zúñiga.

Adianto dunha crítica de Ramón Nicolás sobre «Pirata», de María Reimóndez

O crítico Ramón Nicolás adianta no seu blog Caderno da crítica tres parágrafos sobre a novela Pirata, de María Reimóndez, que escribiu para a revista A Festa da Palabra Silenciada.

Reportaxe de Fernando Franco sobre o músico e compositor galego Rogelio Groba

Onte, o suplemento Estela, do Faro de Vigo, publicou unha ampla reportaxe, de dúas páxinas, sobre o músico e compositor galego Rogelio Groba, escrita polo xornalista Fernando Franco. Tomando como punto de partida o libro Rogelio Groba, meditacións en branco e negro, do que é autor Manrique Fernández, o coñecido xornalista Fernando Franco trazou un interesante percorrido pola biografía do escritor.

Entrevista de Vidal Villaverde con María Lado

Manuel Vidal Villaverde publica no Galicia Hoxe unha longa entrevista coa poeta María Lado, autora de Casa atlántica, casa cabaret. A entrevista pódese ler aquí.

Crítica de Vicente Araguas sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Crítica de Vicente Araguas sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Vicente Araguas publicou onte domingo en El Ideal Gallego unha recensión crítica sobre Luz de Tebra, a novela do médico Ánxel Vázquez de la Cruz que Xerais acaba de reeditar. Reproducimos unha parágrafo da recensión: «Porque en Vázquez de la Cruz hai un escritor (que ademais é médico). E non un médico ao que lle dera por escribir un, polo demais, gustoso anecdotario, que mesmo insire o chiste da pescada e o seu virgo.