Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2010

Crítica de Ramón Nicolás sobre «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

Crítica de Ramón Nicolás sobre «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Culturas de La Voz de Galicia do pasado sábado unha recensión crítica sobre A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa. A recensión, titulada «O soño de ser funambulista», está recollida tamén no seu blog.

Entrevista con Xabier Quiroga: «A novela ‘O Cabo do Mundo’ conta feitos tremendos e crueis»

As páxinas da Ribeira Sacra do xornal lugués El Progreso publicaron o pasado venres unha longa entrevista con Xabier Quiroga, asinada por Ana Rodil. Nela, o autor de O Cabo do Mundo dá conta do seu oficio de escribir, repasa a súa obra narrativa, e rememora as súas afeccións e dedicacións deportivas.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Crítica de Armando Requeixo sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Armando Requeixo publicou o pasado xoves no suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, baixo o título «A mallante Rivas», na que asegura que «na novela, a reflexión ten máis peso que o enredo do narotráfico».

Crítica de Paula Fernández sobre «Sopa de xarope de amora», de Xosé A. Neira Cruz

Paula Fernández publicou o pasado xoves no suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Sopa de xarope de amora, de Xosé A.

Entrevista de Xosé Ramón Pena con Diego Ameixeiras, sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Entrevista de Xosé Ramón Pena con Diego Ameixeiras, sobre «Asasinato no Consello Nacional»

O escritor e coordinador do suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, Xosé Ramón Pena, fíxolle o pasado xoves unha entrevista ao autor de Asasinato no Consello Nacional, Diego Ameixeiras.

Artigo de Ramón Reboiras sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Artigo de Ramón Reboiras sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Ramón Reboiras publicou o pasado venres na edición galega de El País un artigo literario, a modo de recensión crítica, sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas: He leído, tengo la sensación, algo griego, una tragedia clásica en este libro y por más que reconozco las rías y los cines, los automóviles y los ritos de paso, los acentos nativos y el trullo universal, atisbo en lontananza el libro que se abre sobre una cultura arca

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, e a trata de futbolistas

O crítico Xosé Manuel Eyré continúa a incluír no seu blog novas citas, subliñados e reflexións en torno á novela gañadora do Premio Xerais 2010, Periferia, de Iolanda Zúñiga. Nun deses apuntamentos, incide no capítulo da novela que está dedicado ao fútbol e a súa relación coa sociedade brasileira, así como a «trata» de futbolistas.

Programación de Xerais no Culturgal

Os próximos días venres 26, sábado 27 e domingo 28 celébrase en Pontevedra o Culturgal, que se desenvolverá no Pazo de Congresos. Trátase da III edición do Culturgal, que este ano se celebra na capital do Lérez, unha nova aposta por ofrecer un escaparate do que produce a industria cultural galega. A programación do Culturgal está chea de actividades que se poden consultar na súa web.

«Florentino, o príncipe Quino», novo libro de Gloria Sánchez

Estes días chegou ás librerías Florentino, o príncipe Quino, o novo libro de Gloria Sánchez que Xerais publica en formato álbum na colección Merlín, ilustrado por Xan López Domínguez. Nun país habitado por corrichos, o máis porcallán de todos eles era Martiño, o rei.

«Asasinato no Consello Nacional», presentacion en Compostela o proximo xoves

«Asasinato no Consello Nacional», presentacion en Compostela o proximo xoves

O próximo xoves 25 de novembro terá lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes) a presentación da novela Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, cuxa primeira edición esgotou todos os exemplares á semana da súa saída. O acto contará coa participación de Dolores Vilavedra.

«Quéroche contar un conto», un libro de Xerais e Aspanaex

Quéroche contar un conto é unha publicación de Xerais e colaboración con Aspanaex ((Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra) que acaba de chegar a todas as librarías.

«A filla do ladrón de bicicletas» e «Todo é silencio», na Galipedia

«A filla do ladrón de bicicletas» e «Todo é silencio», na Galipedia

A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, converteuse nun dos primeiros libros infantís galegos recentes con entrada na Galipedia, logo de obter o Premio Merlín de Literatura Infantil 2010. Outro dos libros de recente aparición que tamén ten xa entrada na Galicipedia é Todo é silencio, de Manuel Rivas.