Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2010

Crítica sobre de Xosé Manuel Eyré sobre «Luz de Tebra» en A Nosa Terra

Crítica sobre de Xosé Manuel Eyré sobre «Luz de Tebra» en A Nosa Terra

A Nosa Terra publica hoxe a crítica sobre Luz de Tebra, do médico e escritor Ánxel Vázquez de la Cruz, que Xosé Manuel Eyré dera a coñecer a través do seu blog. Nela fala do libro de Vázquez de la Cruz como o descubrimento literario do ano. A crítica pode lerse na sección de libros de A Nosa Terra.

A Libreira organiza un Vermú literario sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz, para o sábado

A Libreira (Rúa Luís Seoane 2, O Temple) organiza para o próximo sábado 13 de novembro un Vermú Literaraio en torno ao libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz. Durante o acto, que terá lugar sobre a unha e media da tarde, haberá un encontro co autor para celebrar a saída da segunda edición do libro. En palabras da Libreira, «estaremos encantados de compartir con vós, para apoiar e complacernos na narrativa galega.

Nun lugar dos soños, o sábado na Terra Chá, arredor de Darío Xohán Cabana

As asociacións Xermolos e Irmandade Manuel María da Terra Chá realizan unha nova edición de Nun lugar dos soños, este ano 2010 arredor da figura de Darío Xohán Cabana, que vai ter lugar o sábado 13 de novembro ás 12 da mañá no Muíño do Rañego de Vilalba.

Acto arredor de «En castellano no hay problema» mañá martes en Compostela

Acto arredor de «En castellano no hay problema» mañá martes en Compostela

Mañá martes terá lugar en Santiago de Compostela un acto arredor do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, durante o que se celebrará un debate arredor da música en lingua galega no que participarán a cantante Uxía Senlle, o músico e sociolingüista Carlos Valcárcel (creador do grupo de pop electrónico Projecto Mourente), así como o propio Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Homenaxe de despedida a Herminio Barreiro nun acto cívico en Sisán

Hoxe, ás cinco da tarde, celebrarase unha homenaxe civil en Sisán, Ribadumia, ao profesor e pedagogo Herminio Barreiro, falecido o pasado sábado en Compostela.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, en Trafegando Ronseis

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis recolle a opinión dunha colaboradora sobre Todo é silencio de Manuel Rivas. Trátase da valoración dunha lectora que podemos ler aquí. O texto remata deste xeito: «porque temos boca e falamos, temos ollos e vemos, temos oído e oímos, recomendámosvos a lectura desta novela».

Boa acollida para as últimas novidades de Narrativa de Xerais, que entran na súa 2ª edición

As últimas novidades publicadas por Xerais en Narrativa están tendo unha boa acollida por parte dos lectores e lectoras e, de feito, entraron xa na súa segunda edición as novelas Denso recendo a salgado, de Manuel Portas; O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga; e Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; así como o libro de relatos Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz.

Cartel dos Premios Xerais 2010

Xa se está a distribuír polas librarías o cartel dos Premios Xerais 2010 coas obras gañadoras: Periferia, de Iolanda Zuñiga (Premio Xerais de Novela) e A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa (Premio Merlín de Literatura Infantil). O cartel pode ser baixado en pdf por quen desexe dispoñer del.

«Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación en Compostela

«Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación en Compostela

O vindeiro xoves 11 de novembro, ás 20,00 horas na Aula Castelao da Facultade de Medicina e Ondontoloxía da USC, presentarase Luz de Tebra, o libro de relatos de Ánxel Vázquez de la Cruz. Acompañarán ao autor Xosé María Fraga, Manuel Sánchez Salorio, Dolores Vilavedra e o editor Manuel Bragado.

O Club da Ciencia, unha colección para celebrar o 4 de novembro, Día da Ciencia en Galego

O Club da Ciencia, unha colección para celebrar o 4 de novembro, Día da Ciencia en Galego

Hoxe 4 de novembro celébrase o primeiro Día da Ciencia en Galego, unha efeméride promovida por diversas entidades, asociacións, sindicatos, universidades e centros educativos de toda Galicia. A efémeride está dedicada a Ramón María Aller, Afonso X e James Clerk Maxwell.

«En castellano no hay problema», de Carlos Callón, presentación mañá venres en Ribadavia

O libro de Carlos Callón, En castellano no hay problema, preséntase mañá venres 5 de novembro en Ribadavia. A presentación terá lugar no pub Aljama ás 21.00 horas e no acto intervirá, ademais do propio autor, Eladino Cabanelas Fernández, responsable da Mesa pola Normalización Lingüística da zona do Carballiño/Ribeiro.

Manuel Rivas, a entrevista de David Cantero

Recuperamos a longa entrevista (55 minutos) que David Cantero fixo a Manuel Rivas para TVE. O documento, emitido en febreiro de 2010, é moi interesante.