Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2010

«Luz de Tebra»: a grande sorpresa; crítica de Xosé Manuel Eyré

«Luz de Tebra»: a grande sorpresa; crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publica hoxe no seu blog unha recensión crítica sobre Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, sinalando que se trata da grande sorpresa do panorama literario galego.

Dramatis personae para «Asasinato no Consello Nacional»

Dramatis personae para «Asasinato no Consello Nacional»

Xosé Manuel Eyré propón no seu blog un dramatis personae para a novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional, buscando establecer unha correlación entre personaxes e personalidades públicas da política do BNG. Unha información semellante aparece tamén na Wikipedia, onde se ofrece unha amplísima información sobre a novela.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela Todo é silencio, de Manuel Rivas.

Crítica de Eyré sobre «Todo é silencio» de Manuel Rivas

Xosé Manuel Eyré publica hoxe en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Todo é silencio, de Manuel Rivas, logo de que adiantase algunhas opinións sobre o libro no seu blog. A recensión, publicada baixo o título «As áncoras da vida e da podremia» pode lerse integramente aquí. Reproducimos algúns parágrafos: (…) Dicir que é o máis acertado de Todo é silencio non resulta doado.

A última novela de Manuel Rivas, «Todo é silencio», será levada ao cine

A última novela de Manuel Rivas, «Todo é silencio», será levada ao cine

Faro de Vigo e La Opinión recollen hoxe a nova, asinada por Mar Mato, na que se dá conta de que a produtora galega Milou Films iniciou xa os pasos necesarios para levar ao cine a última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, que saíu á luz, editada por Xerais, hai a penas unhas semanas. A información recolle declaracións da responsable da empresa, Elisa Saldaña, que explica que aínda non se realizou o casting.

Manuel Portas estará hoxe con «Denso recendo a salgado» no Club Sete Vidas de Espazo Lectura, en Gondomar

O escritor Manuel Portas estará presente esta tarde ás 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar para falar e participar cos asistentes ao Club de Lectura Sete Vidas, que organiza Espazo Lectura, nun debate en torno a súa novela Denso recendo a salgado.

«O ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa, Premio Merlín 2010, é o soño do equilibrista

Baixo o título de «O soño do equilibrista», o Xornal de Galicia publicaba o pasado sábado unha información de O ladrón de bicicletas, Premio Merlín 2010, de Teresa González Costa.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, moi ben valorado tamén na tradución ao castelán

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, moi ben valorado tamén na tradución ao castelán

Esta pasada fin de semana comezaron a aparecer as primeiras valoracións da tradución ao castelán de Todo é silencio, de Manuel Rivas, que está sendo moi ben recibida pola crítica. Nese sentido vai a recensión aparecida esta fin de semana en Babelia, así como esta outra. Outro texto salientable sobre o libro é o do blog de Juan Cruz.

Crítica de Xavier Castro sobre «Xuvia-Neda», de Vicente Araguas

Xavier Castro Rodríguez publicou unha recensión crítica sobre Xuvia-Neda, de Vicente Araguas no Galicia Hoxe o pasado sábado. Reproducímola integramente: Vicente Araguas: sempre en Xuvia-Neda Case trinta relatos para compor e organizar un universo.

Antonio Reigosa, entrevistado no Expreso de Medianoite pola súa «Guía ilustrada da Galicia invisible»

Antonio Reigosa, entrevistado no Expreso de Medianoite pola súa «Guía ilustrada da Galicia invisible»

Begoña Caamaño, presentadora do programa Expreso de Medianoite, da Radio Galega, entrevistou a Antonio Reigosa polo seu libro Guía ilustrada da Galicia invisible. A entrevista pode escoitarse completa aquí.