Publicado o 29 Decembro, 2010 nas categorías Autores, Críticas, Narrativa, Xerais nos blogs
Primeiro contacto con Denso recendo a salgado
E metinlle 140 páxinas dunha sentada. Sen dúbida, a de Manuel Portas é unha das mellores novelas de 2010.
Como dixo Dolores Vilavedra, é moito de salientar que resolva tan ben un argumento pexado por tratamentos anteriores. Moito, malia que caia nun das trapelas máis crueis en que pode meter a pata un escritor, a confusión de personaxes.
Ler máis →
Publicado o 27 Decembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Televisión, Traducións, Xerais nos blogs, Xerais_nos_medios
[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/myzYZQo2CxU” width=”600″ height=”440″ wmode=”transparent” /]
[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.
Ler máis →
Publicado o 26 Decembro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
En Periferia Iolanda Zúñiga incorpora discursos literarios, ou non, de moi diversa condición e transloce unha intención de revisión social, crítica e activa, nun pano de fondo como é o das favelas de São Paulo, cidade que é metáfora tamén do propio mundo.
Ler máis →
Publicado o 26 Decembro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
“As sombras resentidas da figueira acoitelaron toda a noite a ventá”.
Ler máis →
Publicado o 24 Decembro, 2010 nas categorías Animación á lectura, Eventos, Narrativa, Noticias, Tintimán, Xuvenil
O alcalde de Santiago coñeceu no serán de onte, os corazóns de chocolate! (e foi consciente de que son bombas calóricas) no Espazo Tintimán que se organizou no Nadalxogo de Santiago. Tamén informouse de quen é Tintimán (interpretado polo actor Alberto Rolán) e animoumo “a investigar esa seita”.
O programa de actividades do Espazo Tintimán en Nadalxogo pode descargarse aquí.
Ler máis →
Publicado o 24 Decembro, 2010 nas categorías Bases_premios_literarios, Narrativa, Premios
Adiantamos as bases da convocatoria da XXIX edición do prmeio Blanco Amor de Novela, organizado desta volta polo concello de Santiago de Compostela. A admisión de orixinais quedará pechada o 28 de febreiro de 2011.
O Concello de Santiago de Compostela fixo públicas as bases da convocatoria do XXIX premio de novela longa Blanco Amor:
Primeira.-O premio estará dotado con 12.020 euros.
Segunda.
Ler máis →
Publicado o 23 Decembro, 2010 nas categorías Antoloxía, Entrevistas, Televisión
Este pasado marte, Jonathan Dunne, autor da antoloxía Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1196-1981, foi entrevistado no programa da TVG Ben falado!, que dirixe Xesús Ferro Ruibal, onde falou da antoloxía e da proxección exterior da literatura galega. A entrevista pode ser visionada aquí.
Ler máis →
Publicado o 23 Decembro, 2010 nas categorías Infantil, Merlín, Premios_Xerais
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe hoxe unha recensión crítica de María Navarro do último Premio Merlín de Literatura Infantil, a A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa. Reproducímola integramente:
Valores e contravalores
Substanciosa interpretación
O pasado doce de xuño fallábase na illa de San Simón o Premio Merlín.
Ler máis →
Publicado o 21 Decembro, 2010 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Traducións, Xuvenil
O xornal La voz de Galicia publicou esta fin de semana unha entrevista con Cornelia Funke, asinada por Enrique Clemente, a raíz da publicación do seu libro Reckless. Carne de pedra, que Xerais editou en galego simultaneamente ao seu lanzamento internacional.
Na entrevista, a autora alemá explica de onde xurdiu o seu interese polos contos galegos: «Uns nenos galegos escribíronme dicíndome que hai bruxas moi especiais en Galicia.
Ler máis →
Publicado o 21 Decembro, 2010 nas categorías Álbums, Infantil, Teatro
O álbum ilustrado Lume, de Alberto Varela Ferreiro, adaptado para teatro, continúa na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a cargo de Babaluva Teatro, e esta pasada fin de semana representouse na vila ourensá de Ribadavia, no auditorio da Casa da Cultura.
Ler máis →
Publicado o 21 Decembro, 2010 nas categorías Infantil, Premios, Presentacións
A edición de Arousa do Faro de Vigo deu conta da presentación do último Premio Merlín de Literatura Infantil, a A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, organizada polo Concello do Grove e por Xerais.
No acto participaron Quico Cadaval, Manuel Bragado e Teresa González Costa e celebrouse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei. A información pode descargarse en pdf.
Ler máis →
Publicado o 20 Decembro, 2010 nas categorías Animación á lectura, Eventos, Infantil, Narrativa, Tintimán, Xuvenil
O escritor Santiago Jaureguizar estará no Nadalxogo, en Compostela, asinando exemplares do seu libro Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, os días 23, 25, 27 e 28 de decembro, así como o día 2 de xaneiro. O Concello de Santiago está a empregar o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promocionar a lectura e promover o coñecemento da cidade.
Ler máis →