Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2010

Recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre «Ás de bolboreta», de Rosa Aneiros

A revista Clij inclúe no seu último número unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, Premio Fudación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009. Estas son algunhas das observacións apuntadas na recensión: «Grazas aos continuos cambios de voces narrativas e de focalizacion, sabemos incluso cousas que eles mesmos descoñecen e que lles afectan en grande medida.

Recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre «O pintor do sombreiro de Malvas», de Marcos Calveiro

A revista Clij inclúe no seu último número unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, Premio Lazarillo 2009. «Con só cinco títulos publicados para o público infantil-xuvenil, este autor consolidouse entre os primeiros do panorama literario galego para estas idades», escribe referíndose a Marcos Calveiro.

«Quéroche contar un conto», recensión crítica de Ramón Nicolás

«Quéroche contar un conto», recensión crítica de Ramón Nicolás

No seu blog Caderno da crítica, Ramón Nicolás publica unha recensión crítica sobre o libro Quéroche contar un conto, libro no que se recollen relatos de An Alfaya, Francisco Castro, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos, cedidos, por motivos solidarios a ASPANAEX.

«Guía ilustrada da Galicia invisible», mapa dos lugares que non existen

«Guía ilustrada da Galicia invisible», mapa dos lugares que non existen

A Nosa Terra faise eco, na súa sección de Un libro para cada día, da Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa, ilustrada por Noemí López. Reproducimos o texto: Vén no Google Maps Trambelosríos? E Cachiquimbra? Buscamos Gaifar? Todos son topónimos que non teñen constancia nos mapas normais senón naqueles que se deseñan coa imaxinación.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Lapidarias», de David Rodríguez

No seu blog Caderno da crítica, Ramón Nicolás publica unha recensión sobre Lapidarias. Os versos escuros, o poemario do escritor David Rodríguez. Reproducímola integramente: Debuta David Rodríguez como poeta, que non como autor teatral e ensaísta, con este Lapidarias.

Dolores Vilavedra asegura que «Periferia» lanza un desafío que vai moito máis alá dos límites do propio texto

Dolores Vilavedra asegura que «Periferia» lanza un desafío que vai moito máis alá dos límites do propio texto

No suplemento Luces de El País, Dolores Vilavedra fai un repaso das últimas novidades e anuncia unha próxima recensión crítica sobre Periferia, de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais de Novela 2010.

«A profesora Ripaldi», de María Alcañiz, centrará o Club de lectura compartida Lendo Contigo

A profesora Ripaldi, de María Alcañiz, centrará mañá sábado o Club de lectura compartida Lendo Contigo, que organizado cada mes por Espazo Lectura en Gondomar. Os responsables do evento anuncian a presenza, por primeira vez, da protagonista do libro, a profesora Ripaldi.

«Periferia« de Iolanda Zúñiga, o booktrailer

[kml_flashembed movie="https://www.youtube.com/v/6aoTiBbM4iQ" width="600" height="448" wmode="transparent" /] Booktrailer de Periferia de Iolanda Zúñiga, novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2010. O guión e a realización é de David Rodríguez.

Dionision Pereira, a memoria do mar galego: «Loita de clases e represión franquista no mar 1864-1939»

O xornal Galicia Hoxe inclúe unha longa entrevista, asinada por Montse Dopico, co historiador Dionisio Pereira, autor de Loita de clases e represión franquista no mar 1864-1939, un libro que Xerais publicará o vindeiro mes de febreiro e que sairá dentro da colección Crónica.

«Guía ilustrada da Galicia invisible», o mapa dun país de lenda

«Guía ilustrada da Galicia invisible», o mapa dun país de lenda

Os xornais El Progreso e La Voz de Galicia recolleron a nova do acto de presención da Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa, que tivo lugar este martes na Galería Sargadelos de Lugo nunha sala ateigada de xente. No acto interviñeron o propio autor, Antonio Reigosa, a ilustradora Noemí López e o editor Manuel Bragado.

Manuel Rivas en Culturgal, a entrevista de Galicia Móvese

Moito agradecemos  a anotación que Galicia Móvese montou arredor da participación de Manuel Rivas en Culturgal en Pontevedra o pasado 28 de novembro. Manuel Rivas conversa co xornalista Camilo Franco arredor de Todo é silencio. Moi recomendable.

«Dragal», novela de aventuras para a mocidade

O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión en A Nosa Terra baixo o denominador común de «novelas de aventuras para a mocidade» na que aborda dous títulos da colección Fóra de Xogo publicadas recentemente por Xerais: A cripta do Apóstolo e Dragal.