Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2010

«A cripta do Apóstolo», novela de aventuras para a mocidade

O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión en A Nosa Terra na que aborda dúas novela da colección Fóra de Xogo publicadas recentemente por Xerais: A cripta do Apóstolo e Dragal.

«Os periféricos de Iolanda Zúñiga», artigo de Xosé Lois García

«Os periféricos de Iolanda Zúñiga», artigo de Xosé Lois García

Baixo ese título, «Os periféricos de Iolanda Zúñiga» publica Xosé Lois García en A Nosa Terra un artigo literario sobre a novela Periferia, coa que Iolanda Zúñiga gañou o Premio Xerais de Novela 2010.

Encontro dixital sobre «Reckless» con Cornelia Funke, que tratará os contos galegos

Encontro dixital sobre «Reckless» con Cornelia Funke, que tratará os contos galegos

Os lectores de El País mantiveron onte un encontro dixital en directo sobre Reckless. Carne de pedra, a última novela de Cornelia Funke lanzada en galego por Xerais simultaneamente ao seu lanzamento mundial. Durante o encontro, unha lectora dille que leu Recless en galego e pregúntalle á autora se non ten pensado vir coñecer Galicia.

Os libros do Club da Ciencia, no suplemento «A Escola»

O suplemento A Escola, de Faro de Vigo, publica hoxe nas súas páxinas centrais unha ampla reportaxe na que presta especial atención aos libros do Club da Ciencia, unha colección destinada á aprendizaxe, desde a ficción, de xeito ameno e didáctico, de todos aqueles aspectos importantes ligados ao coñecemento científico que hoxe son esenciais para a educación na infancia e adolescencia.

Presentación no Grove o próximo venres de «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

Presentación no Grove o próximo venres de «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

O vindeiro venres 17 de decembro terá lugar a presentación do último Premio Merlín de Literatura Infantil, a A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, organizada polo Concello do Grove e por Xerais. O acto, que contará coa participación de Quico Cadaval, Manuel Bragado e Teresa González Costa, terá lugar ás 20,00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei (Monte da Vila, s/n, O Grove).

Herta Müller, unha Nobel en lingua galega

Herta Müller, unha Nobel en lingua galega

Baixo este título, «Herta Müller, unha Nobel en lingua galeg» recomendou A. M.

Manuel Rivas asinará exemplares de «Todo é silencio» na Coruña os días 17, 22 e 30

Os días 17, 22 e 30 de decembro, o escritor Manuel Rivas estará asinando exemplares da súa última novela, Todo é silencio, na Coruña. O venres 17 de decembro faráo na libraría Arenas (Cantón Pequeno, 25), o mércores 22 na libraría de El Corte Inglés da Coruña e o xoves 30 na libraría Carballido (nos Castros).

«Quéroche contar un conto», libro solidario coeditado con Aspanaex

Mar Mato faise eco nas páxinas de Faro de Vigo do acto de presentación de Quéroche contar un conto, o libro solidario coeditado con Aspanaex. Arancha e Raúl teñen un segredo, máis ben, varios. Son capaces de nomealos polas cores que imaxinan como se fosen caramelos de historias. Os dous personaxes non existen, pero poderían ser reais.  O libro Quéroche contar un conto (Xerais) deulles o soplo de vida.

«Soneira xa ten a súa enciclopedia»

A. Palmou publica na edición de Carballo de La Voz de Galicia unha completa crónica do acto de presentación do libro A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte celebrada o pasado venres, ás 19:30 horas no auditorio do pavillón de Baio e ás 21.30 horas no Salón Caribe de Vimianzo.

Entrevista con Xosé María Lema sobre «Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte»

Entrevista con Xosé María Lema sobre «Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte»

A edición de La Voz de Galicia de Carballo publica hoxe unha entrevista con Xosé María Lema Suárez, coautor e coordinador do libro Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. A entrevista pode lerse completa aquí.

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, unha novela contra a literatura confortable

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, unha novela contra a literatura confortable

O suplemento Luces de El País publica hoxe unha longa reportaxe de Dolores Vilavedra sobre a novela Periferia, de Iolanda Zúñiga, baixo o título de «Contra a literatura confortable».

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, libro do ano para a revista Que Leer

A revista Que Leer resalta na portada do seu último número o libro Todo é silencio como Libro do Ano e inclúe unha longa entrevista con Manuel Rivas, publicada baixo o título «Hablamos con Rivas».