Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2010

Herminio Barreiro protagoniza o último número da Revista das Letras

Herminio Barreiro protagoniza o último número da Revista das Letras

O pedagogo Herminio Barreiro, recentemente falecido, protagoniza o último numero da Revista das Letras, o suplemento cultural do Galicia Hoxe. Hermino Barreiro, autor do libro Recordar doe, foi un dos teóricos imprescindibles da pedagoxía en Galicia.

Manuel Rivas será publicado en chinés

A editorial chinesa Shanghai 99 realizará unha edición de 8.000 exemplares de Que me queres amor?, o libro de de relatos co que Manuel Rivas obtivo o Premio Nacional de Narrativa en 1996. O proxecto asinado coa editorial chinesa supón continuar coa edición do resto da obra narrativa de Manuel Rivas.  Esta tradución supón outro fito para a literatura galega que da man de Manuel Rivas amplía a súa presenza no mundo.

Crítica de Marcela Santorum sobre o «Dicionario de Arte»

O Faro da Cultura publica hoxe unha recensión crítica de Marcela Santorum sobre o Dicionario de Arte de Emilio de Gregrorio e Armando Sendín publicado por Xerais. Reproducímola integramente: Claridade, contextualización Unha ferramenta con calidade Emilio de Gregorio e Armando Sendín son os autores do Dicionario de Arte publicado por Xerais.

Crítica sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas, no blog Trafegando Ronseis

Crítica sobre «Todo é silencio», de Manuel Rivas, no blog Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publica unha valoración crítica sobre Todo é silencio de Manuel Rivas. Reproducímos un parágrafo da recensión: De Todo é silencio hai que falar, posto que é falando como podemos compartir a nosa paixón pola Literatura, pola palabra escrita, pola lingua ben trazada, pola historia que nos apreixa. De Todo é silencio hai que falar para que non se oculte no esquecemento da mudez.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

O crítico Ramón Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión sobre Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz. Reproducímola integramente: Lin este pasado verán, animado polas palabras entusiastas dun amigo, Luz de tebra.

Presentación da «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa, o próximo martes 14 en Lugo

Presentación da «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa, o próximo martes 14 en Lugo

O próximo martes 14 de decembro, ás 20,00 horas, terá lugar na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4) a presentación da Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa. O acto contará coa participación de Antonio Reigosa, da ilustradora Noemí López e do editor Manuel Bragado.  Máis información sobre o libro, aquí.

Presentación de «Quéroche contar un conto», editado por Xerais e Aspanaex

Presentación de «Quéroche contar un conto», editado por Xerais e Aspanaex

O vindeiro sábado 11 de decembro terá lugar a presentación do libro Quéroche contar un conto, libro no que participan  An Alfaya, Francisco Castro, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos. A presentación, organizada por Aspanaex e, no seu nome, o presidente desa entidade, José Manuel Carballo Cabezas, terá lugar ás 12 horas do sábado no MARCO (Príncipe 54), en Vigo. Posteriormente servirase un cóctel.

No pasamento de Marcos Valcárcel

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa as súas condolencias polo pasamento de Marcos Válcarcel. Autor dunha importante obra de investigación nos eidos da historia, a literatura e o xornalismo, Marcos Valcárcel colaborou xenerosamente con Xerais ao longo de dúas décadas, tanto como autor de libros tan importantes como Historia de Ourense ou Xaquín Lourenzo.

Presentacións de «En Castellano no hay problema» en Vigo e Redondela

Esta semana e mais a próxima haberá senllas presentacións do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón en Redondela (día 10) e Vigo (día 15). A presentación de Redondela contará coa participación de Alexandre Vázquez (Coordinador nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística), o editor Xosé Manuel Moo, e Carlos Callón, e terá lugar o venres, 10 de decembro, ás 20,00 horas na Casa da Torre en Redondela.

Presentacións de «Terra de Soneira» en Zas e Vimianzo o próximo venres 10

O próximo venres día 10 terán lugar dúas presentacións do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, unha en Baio-Zas, ás 19,30 horas, e outra en Vimianzo ás 21,30 horas.

Entrevista a Diego Ameixeiras sobre «Asasinato no Consello Nacional» en Que Leer

Entrevista a Diego Ameixeiras sobre «Asasinato no Consello Nacional» en Que Leer

O último número da revista Que Leer inclúe unha entrevista de Ramón Nicolás co escritor Diego Ameixeiras na que se analiza o seu percorrido como autor de novela negra. Ameixeiras subliña na entrevista que a súa aprendizaxe como guionista lle deu claves fundamentais para escribir novelas como Asasinato no Consello Nacional, evitando que «Un stilo intrudso e recargado acabe devorando unha boa historia».

Recensión crítica da «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa

O Faro da Cultura, do Faro de Vigo, inclúe hoxe unha recensión crítica de Maruxa Gestoso Álvarez sobre a Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa. A recensión pódese baixar en pdf.