Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2010

Jaureguizar: «A terceira aventura da serie Tintimán estará ambientada en Vigo»

O escritor Santiago Jaureguizar presentou onte en Compostela a súa novela Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, acompañado da concelleira de Educación, Mercedes Rosón e do director de Xerais, Manuel Bragado. O Concello de Santiago empregará o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promoiconar a lectura e promover o coñecemento da cidade.

Recensión crítica de «Reescrituras do conto popular (2000–2009)»

O Faro da Cultura, do Faro de Vigo, inclúe hoxe unha recensión crítica feita por Xosé Feixó de Reescrituras do conto popular (200-2009), da Rede Temática LIJMI. Pódese baixar en pdf.

«Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia», un percorrido a través das xoias bibliográficas da cultura galega

O pasado 25 de novembro inaugurouse no Arquivo da Cidade da Cultura a mostra «Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia», unha exposición bibliográfica que constitúe un percorrido fulcral a través das 80 pezas máis importantes da bibliografía galega. Trátase dunha selección de libros que definen momentos clave na historia de Galicia, constituíndo un itinerario de luxo pola memoria impresa do noso país.

Convocado o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

O Diario Cultural da Radio Galega e o Centro Dramático  Galego, co patrocinio da AGADIC, organizan a cuarta edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para  a radio e contribuír á recuperación do formato de teatro radiofónico.