Menu Xerais

A soberbia mestría narrativa de «O coitelo en novembro», de Marilar Aleixandre

Baixo o título «A soberbia mestría narrativa de Marilar Aleixandre», os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa publican unha recensión crítica sobre O coitelo en novembro. Entre outras cousas dise:

A mestría de Aleixandre está en dar unidade a un mangado de relatos aparentemente inconexos –aínda que excelentes–, nun mecanismo narrativo que xoga (dialoga diríase hoxe) con antecentes literaios, basicamente con As mil e unha noites, leit motiv da unión narrativa. Invención e realidade bailan xuntas nesta sobrebia arquitectura por onde desfilan Darwin e Karl Marx, Xoana de Arco e Alí Babá, fuxidos da Guerra Civil e un Franco agoniante, Dafne ou unha serea. Todo xunto con outros seres desvalidos en que a inxustiza atopou acubillo.

A recensión enteira pode lerse aquí.

Ademais, a edición de Carballo de La Voz de Galicia, inclúe unha crónica sobre Marilar Aleixandre que pode lerse aquí.

Comentarios pechados