Menu Xerais

«Ao pé da Laxa da Moa», presentación en Lira

O vindeiro venres, 30 de xullo, ás 20,00 horas na Confraría de Pescadores de Lira Portocubelo, Carnota terá lugar a presentación d’ Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota de Antón Cortizas. O acto contará coa participación de Manuel Souto, Belén Campos, Francisco X. Fernández Naval, Manuel Bragado e o autor. Ao remate do acto literario, María de Fetós interpretará unhas pezas coa súa pandeireta. Ao pé da Laxa da Moa recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria oral do concello de Carnota. Un abondo corpus de cantares, así como, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns.

Comentarios pechados