Menu Xerais

«Ao pé da Laxa da Moa»,

Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares do máis recente libro de Antón Cortizas, Ao pé da Laxa da Moa. Publicada dentro da coleción «Gran Merlín» é esta unha fermosísima recompìlación de literatura de tradición oral realizada no ámbito do concello de Carnota. Un utilísimo libro de folclore de noso.

Ao pé da Laxa da Moa de Antón Cortizas recolle un labor de recolleita e transmisión da riqueza literaria oral do concello de Carnota. É abondoso o número de cantares que se recolleron, así como, adiviñas, trabalinguas, contos, lendas e máis refráns. Unha colectánea, ilustrada por Fino Lorenzo, que dá mostra do que esta terra vale e do que podería valer todo o noso país de querérmonos un pouco máis como colectividade e de sabermos que pese ao imperio do castelán sobre a nosa lingua, pese ao poderío do número sobre a letra, pese ao andazo da falsa globalización e da uniformidade, pese a todo isto é que a Humanidade está feita de países pequenos coma o noso, está feita de recunchos que por seren pequenos son inmensos, porque están cheos de vontades e de mentes creativas e fantásticas; porque, seguindo as leis naturais, medran e se desenvolven, e rin e choran, e aman e morren na diversidade, na diferenza.

Comentarios pechados