Menu Xerais

Cadernos do Profesorado para o curso 2010-2011

Xa están dispoñibles os novos cadernos do profesorado para o vindeiro curso 2010-2011, tanto o de Educación Primaria como o de Educación Secundaria. En ambos os dous casos, estes cadernos constitúen unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría nos tres ciclos da Educación Primaria e na Educación Secundaria Obrigatoria.

O Caderno do Profesorado de Educación Primaria, preparado por Teresa Barros Castro, José Manuel García Yanes e Natalia Roibás Blanco, inclúe: – Datos persoais e do Centro. – Follas de horario do grupo e do titor ou titora. – Calendarios 2010 e 2011. – Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa. – Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado. – Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, entrevistas familias, seguimento e notas de áreas e outras observacións. – Fichas de avaliación para recoller a descrición de traballos, exercicios e notas de clase. – Fichas de avaliación para rexistrar a valoración de traballos, exercicios e notas de clase. – Páxinas para recolle rnotas de reunións. – Modelos de recollida de información para as familias. – Modelos de convocatorias para reunións e entrevistas coas familias.

Pola súa banda, O Caderno do Profesorado, preparado como nas edicións anteriores por Ramón Nicolás e dirixido ao profesorado de Secundaria (ESO e Bacharelato), inclúe: Datos persoais e do Centro. – Follas de horario do grupo e do titor ou titora. – Calendarios 2010 e 2011. – Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa. – Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado. – Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, seguimento e notas parciais, así como grao de desenvolvemento das competencias básicas. – Fichas de seguimento do alumnado, con espazos para datos persoais, notas e faltas de asistencia.

Comentarios pechados