Menu Xerais

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», de Xesús Alonso Montero, presentación en Monforte

O vindeiro xoves 9 de decembro, ás 20,00 horas terá lugar a presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero, na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte.

O acto contará coa participación do propio autor, o profesor Alonso Montero, de Rosa María López González, así como do editor Manuel Bragado.

O libro foi galardonado recentemente co Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (Ensaio) 2010 e co Premio Ánxel Casal ao libro de non ficción, 2009.

Comentarios pechados