Menu Xerais

«Dicionario de arte», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

O crítico Manuel Rodríguez Alonso ocúpase no seu blog do Dicionario de arte, publicado recentemente por Xerais, unha obra de consulta, preparada polos profesores Emilio de Gregorio e Armando Sendín, coa intención de proporcionar en galego unha explicación clara e breve, contextualizada e global dos termos claves da arte e da súa historia. Aínda que a recensión crítica pode ser lida enteira aquí, aproveitamos para salientar algunhas das cuestións que resalta Manuel Rodríguez Alonso:

O mellor que podemos dicir deste dicionario é que unha persoa de cultura media pode ilo lendo como un ensaio, posto que vai tendo explicados dun xeito claro e sinxelo movementos e termos artísticos desde a Antigüidade ata os nosos días e lese como unha amena historia universal da arte. Cómpre sinalar tamén como un acerto a atención á realidade artística galega, pois nos exemplos, sempre que é posible, aparecen artistas ou obras de arte galegas.

As ilustracións son tamén un acerto do libro, pois son de grande utilidade pedagóxica.

Xa que logo, dicionario fundamental, que deben manexar profesores de plástica e mesmo de historia ou literatura, pois as entradas superan con creces o que pode considerarse léxico artístico estrito (véxase por exemplo a entrada barroco ou romanticismo).

Comentarios pechados