Menu Xerais

«Dragal» de Elena Gallego Abad, inicio dunha prometedora triloxía

Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega con Dragal. A Herdanza do Dragón, unha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego. Dragal. A Herdanza do Dragón chegará ás librarías esta vindeira fin de semana coincidindo coa Feira do Libro de Santiago e será presentado en Cangas do Morrazo nas vindeiras semanas. A autora está preparando un espazo web para a participación dos lectores e lectoras ao longo da triloxía.

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.

Comentarios pechados