Menu Xerais

«Dragal» de Elena Gallego, un libro ceibe polo mundo

O aeroporto Charles de Gaulle de Paris, a cidade chinesa de Beijing e o porto xaponés de Kyoshu son algúns dos lugares elixidos pola escritora Elena Gallego Abad para ceibar senllos exemplares da súa novela Dragal, a herdanza do dragón, editada por Xerais na colección Fóra de Xogo.

A andaina destes tres libros, rexistrados e ceibados coas etiquetas de bookcrossing números:

  • 178-8134411 Aeroporto Vigo 24 xullo
  • 194-8188676 Aeroporto Charles de Gaulle-París 24 xullo
  • 198-8128827 Beijing- 25 de xullo
  • 518-8129916 Porto de Kyoshu, illa de Fukuoka, Xapón 1 agosto

poderá seguirse a través da web internacional www.bookcrosing.com

A autora tamén abríu un espazo bookcrossing na web da novela, www.dragal.eu na que aquelas persoas que atopen os libros ceibados nesta novidosa experiencia poidan subir os seus cometarios e as súas fotos.


A noticia recollida por Galicia hoxe.

Comentarios pechados