Menu Xerais

Entrevista con Diego Ameixeiras sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Con motivo da presentación de Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, en Santiago de Compostela, a xornalista Concha Pino entrevistou ao autor para La Voz de Galicia.

C. P.
SANTIAGO/LA VOZ. A última novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello
Nacional (Edicións Xerais de Galicia) foi presentada na Libraría Couceiro pola profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra, polo editor, Manuel Bragado e polo propio autor.

¿Explica o éxito a identificación na realidade dalgúns personaxes?
—A novela está chegando sobre todo a lectores afeccionados ao xénero negro. Pode que tamén haxa algo de morbo e que se fagan quinielas, pero quero pensar que o éxito é porque acerta co gusto dos lectores.
Pero xerou unha certa polémica entre os políticos do BNG.
—Hai personaxes a partires de persoas reais. Traballei coa imaxe pública e con certa mitoloxía que se lles imputa a dirixentes do bloque, e fago algo de parodia con iso. Outros son de ficción, arquetipos, pero ao interactuar a xente saca conclusións.
¿Por que escolleu o máximo órgano do BNG e non doutro partido?
—Tiña a referencia da novela de Montalbán, Asasinato no Comité Central, e pensei que, salvando as distancias temporais, podía armar unha intriga semellante. E fun vendo a intriga no que saía do BNG na prensa trala derrota do bipartito.
¿Por que cambiou de detective?
—Nunca pensei ter o mesmo protagonista nas miñas novelas. Horacio Dopico era unha parodia da novela negra americana dos anos 30. Neste caso quería un detective máis real para unha realidade como a da política.

Comentarios pechados