Menu Xerais

Faleceu J.D.Salinger

Onte faleceu en Nova York J.D.Salinger, un dos narradores máis importantes da literatura contemporánea. Xerais ten no seu catálogo a súa obra principal, O vixía no centeo, unha novela de formación, publicada en 1951, que constitúe dende entón, un referente para lectores e lectoras de diversas xeracións.

Traducida para o galego por Xose Ramón Fernandez Rodríguez, no catálogo da editorial apareceu o 30 de xaneiro de 1990, hai agora xustamento vinte anos, dentro da colección GRANDES DO NOSO TEMPO, versión da que se fixeron seis edicións e se venderon 16.409 exemplares. En 1998 pasou a coleccion FÓRA DE XOGO e, dende entón, apareceron seis edicións e se levan vendidos 6.663 exemplares. En total, doce edicións en vinte anos e mási de 23.000 exemplares vendidos, cifras elevadas, que acreditan a pegada que deixa a obra de J.D.Salinger, un escritor que soubo dosificar os seus silencios, tamén sobre os lectores e lectoras da nosa lingua. A nosa gratitude e admiración para el.

Comentarios pechados