Menu Xerais

«Guía do Camiño de Santiago para peregrinos» de Antón Pombo

Xa está nas librarías a Guía do Camiño de Santiago para peregrinos, preparada por Antón Pombo, veterano membro da Asociación Galega de Amigos do Camiño.

Esta Guía do Camiño de Santiago para peregrinos de Antón Pombo inclúe o percorrido desde Ponferrada a Compostela a través de 9 etapas coidadosamente descritas. Ademais, a guía continúa con 4 novas etapas e as súas variantes, para incluír tamén a prolongación do camiño a Fisterra e Muxía. O autor, xornalista e historiador Antón Pombo, é un dos mellores coñecedores das rutas xacobeas. Estas páxinas ofrecen toda a información necesaria, de carácter práctico e cultural, para o peregrino: a calidade do chan (asfalto, terra, pedregal…), os albergues e aloxamentos alternativos, os perfís altimétricos, as zonas de sombra, as fontes, os centros de asistencia médica, mapas moi detallados, desvíos de interese, planos, restaurantes, así como a información de interese cultural sobre as visitas atractivas, as aldeas, as vilas, as cidades, os monumentos, a ruta e o seu ambiente, a arte, a historia, etc. Esta guía inclúe, ademais, no seu interior, importantes mapas en abano, despregables, útiles e independentes, para seguir, paso a paso, o rastro do Camiño. Unha guía práctica e actualizadísima dirixida aos peregrinos que avanzan cara a Compostela a pé, dacabalo ou en bicicleta, o libro está aberto tamén ós que queiran coñecer algún tramo da rota, así como a aqueles que, dispoñendo de coche, se interesen polos aspectos paisaxísticos e monumentais dun itinerario declarado Patrimonio da Humanidade.

Comentarios pechados