Menu Xerais

«Luz de Tebra», crítica de Marga Romero

O suplemento literario Faro da Cultura, de Faro de Vigo, acolle hoxe unha recensión crítica de Marga Romero sobre Luz de Tebra, o libro de relatos de Ánxel Vázquez de la Cruz, que foi o libro máis vendido na Feira do Libro da Coruña este verán, un libro que sigue contando cunha magnífica acollida dos lectores e lectoras. Salientamos algúns dos parágrafos máis reveladores da recensión de Marga Romero, que pode lerse aquí completa:

Fantásticos relatos nos que se domina con mestría a técnica do relato oral, nos que o acontecer das cousas se vai desleando en pequenas luciñas até a claridade total, neses remates contundentes, herdeiros da mellor tradición. Obra primeira, e de madurez, de que domina o oficio de contar.

Un libro, entón, que nos conduce polo gozo da lectura, divertido e fermoso, e no que tamén aprendemos.

Comentarios pechados