Menu Xerais

No país das mil vacas

Na súa edición do pasado domingo, La Voz de Galicia faise eco da aparición de No país das vacas, o libro máis recente de Xurxo Lobato. Baixo o título de «En el país de las mil vacas», J. Benito percorre os principais contidos da obra, salientando que é «una publicación que rinde tributo a un animal asociado a la imagen de Galicia, que explica cómo vive, de qué vive y quién vive de ella. Entre las reflexiones recogidas podemos destacar la del presidente del Consello da Cultura Galega, Ramón Villares: «O que sucedeu coa vaca é unha das moitas metáforas que dá conta das mudanzas acontecidas nos últimos trinta ou corenta anos en Galicia (e fóra dela). A vaca deixou de ser polivalente para se converter nunha máquina especializada de producir leite».

Comentarios pechados