Menu Xerais

«Os libros arden mal», no spoken word de San Simón

Mañá sábado, o escritor Manuel Rivas estará no spoken word da illa de San Simón organizado por AGADIC. No acto, Rivas parte da lectura de fragmentos da novela Os libros arden mal para establecer un diálogo creativo con dous músicos (o guitarrista Gastón Rodríguez e o serruchista Pulpiño Viascón) e co cantante de tangos Marcos Meléndrez.

O acto dará comezo ás 18:00 horas e é aberto ao público. As persoas interesadas en asistir deberán formalizar previamente a súa reserva para facer uso do transposte marítimo que AGADIC se habilitará para a ocasión. O barco partirá, tanto o sábado coma o domingo, ás 17:00 horas do porto de Vigo. As reservas haberán de realizarse tanto por teléfono (902 022 537) como por mail (loa@viaxesloa.com) ata cubrir a capacidade da embarcación.

Comentarios pechados