Menu Xerais

Plan de Lectura de Educación Primaria 2010-2011

Xa está dispoñible en pdf o Plan de Lectura de Educación Primaria 2010-2011, unha selección de títulos do catálogo da editorial, procedentes das coleccións Merlín, Merliño, Sopa de Libros, Paseniño, O meu mundo, Polo correo do vento, Andavía, O Club da Ciencia, concibidos para facilitar o interese pola lectura nos nenos e nenas de Educación Primaria. Neste Plan de Lectura, no que se primou a presenza de autores e autoras galegos e a diversidade temática e de enfoques literarios, ofrécese unha proposta de lectura para cada curso, formada por tres títulos de narrativa, que se complementan cunha selección de varios poemarios por ciclo, de obras teatrais para a etapa e varios traballos sobre a tradición oral galega. A nosa proposta complétase cunha selección doutros títulos por ciclo, clasificados por coleccións, que proporcionan a necesaria diversificación deste plan de lecturas.

Comentarios pechados