Menu Xerais

«Randea do alento», a ferocidade do século XX na obra dunha Premio Nobel

As páxinas de cultura do Galicia Hoxe recollen a publicación de Randea do alento, de Herta Müller, a segunda novela da Premio Nobel alemá que publica Xerais. Traducida ao galego por Marga do Val, Randea do alento relata a deportación da minoría alemá en Romanía aos campos de traballos forzados en Ucraína en xaneiro de 1945 a través das vivencias dun mozo de 17 anos, Leo Auberg. A pasada semana, Xerais adiantou a posibilidade de ler o primeiro capítulo da obra, así como a introdución da tradutora. O libro está xa nas librarías.

Comentarios pechados