Menu Xerais

«”Sete palabras” é un libro onde se funden literatura máis vida»

«Unha busca da identidade e das orixes: iso é Sete palabras (Edicións Xerais 2009), a nova obra de Suso de Toro , na que o escritor se converte en personaxe de novela, protagonista e narrador a un tempo. Ficción e realidade mestúranse ao longo das páxinas nunha sorte de viaxe dende Santiago de Compostela deica  Cuba, as terras zamoranas ou Madrid; de travesía interior dende a actualidade ata os comezos do século pasado». Así comeza a entrevista que Natalia Álvarez realiza a Suso de Toro, que publica hoxe «Faro da Cultura» de Faro de Vigo, con motivo da publicación de Sete palabras. A páxina enteira da entrevista pode lerse ou baixarse en pdf aquí.

Comentarios pechados