Menu Xerais

«”Todo é silencio”: a sedución e a tiranía do poder», comentario de R. Nicolás

“As sombras resentidas da figueira acoitelaron toda a noite a ventá”. Velaquí un período calquera desta novela que por si só resulta abondo para alicerzar e deseñar unha atmosfera, un momento, un estrato deses que recobren Todo é silencio e que, como lectores, imos retirando e gorentando para descubrirmos, baixo unha urdime que nos achega ao celme das fronteiras precisas e históricas do delictuoso e en concreto dese percorrido que foi do contrabando ao narcotráfico, un rodopío narrativo que nos aboca ás claves da tiranía que exerce o poder, a súa sedución e cómo se estende o seu dominio abafante no que, porén, hai algunha fírgoa para a esperanza e a rebelión.

A proposta, talvez a máis cinematográfica do autor, construída con man de ourive paciente e asentada nunha arquitectura milimetrada, con eses notables lugares comúns que un espera en Manuel Rivas –o pouso melancólico, o alento e alto poder metafórico ou o lirismo por citar algúns deles– introduce un escalpelo que disecciona e proxecta para hoxe os territorios dese “silensio mudo” rosaliano, o que non é pouco. Ramón Nicolás

Publicado nas páxinas da sección de <<Cultura>> de La Voz de Galicia do 26 de decembro como un dos libros galegos máis salientables deste 2010.

Comentarios pechados