Menu Xerais

Xosé Carlos Caneiro aplaude a novela «Randea do alento», de Herta Müller

O escritor Xosé Carlos Caneiro aplaudiu, no seu artigo de La Voz de Galicia, a publicación de Randea do alento, de Herta Müller, sinalando que: «aquí, dende a voz dun personaxe magnífico (pola súa perfección dende óptica literaria), entramos e sentimos a voz da dor máis extrema, das ausencias que marcan a pel e os adentros, das palabras que nos seguen a definir e salvar, incluso, da sevicia e a enaxenación dos perversos. Müller traslda á súa prosa unha sorte de salvaxe confesión, de testemuño epidérmico e visceral (vida e morte), que nos solivianta e en ocasións afoga. A este efecto contribúe, sen dúbida, a tradución de Marga do Val. Libro imprescindible. Descorazonado e pleno de corazón».

O artigo completo pode lerse aquí.

Comentarios pechados