Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2011

«Fundación Libélula», de Yashmina Shawki, novidade de Narrativa do mes de xaneiro

Fundación Libélula, a primeira novela de Yashmina Shawki, viguesa de orixe iraquí, é unha das novidades da colección Narrativa do mes de xaneiro. Gladys, Helena e Laura arrastran vidas moi difíciles. Ningunha delas elixiu o pesado lastre dunhas circunstancias provocadas pola escravitude sexual, polo maltrato familiar ou pola precariedade laboral que sofren atadas de pés e mans.

«Cara B», de Ignacio Silva, novidade de Narrativa do mes de xaneiro

Cara B, de Ignacio Silva, unha das novidades da colección de Narrativa do mes de xaneiro, é un libro de relatos que constitúe a primeira obra literaria deste novo autor.  Cada un dos tres relatos longos incluídos en Cara B foron premiados.

«Terra de Soneira», presentación en Compostela o próximo martes 25

«Terra de Soneira», presentación en Compostela o próximo martes 25

O próximo martes día 25 terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.

«A pantasma de Canterville e outros contos», de Oscar Wilde, novidade do mes de xaneiro

A pantasma de Canterville e outros contos, un dos referentes clásicos da literatura universal, de Oscar Wilde, publícase como novidade neste mes de xaneiro, reeditado na colección Xabaril. O libro está traducido por Gustavo Luca de Tena. Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que cometía un grande erro porque a casa estaba enmeigada.

«A chamada da selva», de Jack London, novidade do mes de xaneiro

Un dos clásicos da literatura universal, A chamada da Selva, de Jack London, que se desenvolve nas rexións xeadas de Alaska e constitúe un dos libros máis vendidos da historia de Xerais, publícase agora en Xabaril, nunha fermosa e renovada edición, traducido por Gonzalo Navaza. Jack London nacera en San Francisco no ano 1876 e morreu en Hawai en 1916.

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, o booktrailer

[kml_flashembed movie="https://www.youtube.com/v/8YtEqGgkIVQ" width="600" height="448" wmode="transparent" /] Booktrailer da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez e as ilsutracións son de Ramón Trigo.

«A coroa de Napoleón» e Tintimán no xornal La Opinión da Coruña

«A coroa de Napoleón» e Tintimán no xornal La Opinión da Coruña

Luis P. Ferreiro publica en La Opinión da Coruña un comentario sobre A coroa de Napoleón, de Jaureguizar, así como sobre serie Tintimán.

Xerais, mellor editorial 2010 segundo os internautas de Fervenzas Literarias

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal. Xerais foi recoñecida como mellor editorial 2010 segundo os participantes. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

«Macarrón de narices», de Xoán Babarro, novidade do mes de Xaneiro

Entre as novidades que publica Xerais este mes de xaneiro está Macarróns de narices, de Xoán Babarro González, un álbum publicado na colección Merlín e ilustrado por Marcos Calo Bermúdez. No reino de Narices hai un enorme pazo con vidreiras de cebola, paredes de pedra de azucre, tellados de cenoria e xardíns de pirixel.

«Vento de sal», de Antonio García Teijeiro, novidade do mes de xaneiro

Entre as novidades que publica Xerais este mes de xaneiro está Verbas de sal, de Antonio García Teijeiro, un álbum publicado na colección Merlín e ilustrado por Alberto Vázquez Rico. Vilamollada é unha vila máis ben pequena, con nubes negras e brancas que tinguen de gris as súas rúas estreitas, cun sol morno que aloumiña os tellados das casas e unha choiva que se perde no mar, facéndolle cóxegas ás ondas.

Tintimán, a serie de Jaureguizar, reseñada no Galicia Hoxe

Este pasado domingo o xornal Galicia Hoxe publicou unha ampla noticia sobre a serie Tintimán, de Jaureguizar, que consta xa de dous títulos: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.

Entrevista a Iolanda Zúñiga sobre «Periferia» en A Nosa Terra

A Nosa Terra publica unha entrevista de César Lorenzo Gil a Iolanda Zúñiga sobre a súa novela Periferia, Premio Xerais 2010. Reproducímola a continuación: Iolanda Zúñiga: «Débolle máis á linguaxe audiovisual que á literaria» César Lorenzo Gil.